AFECCIONADOS.PREVIA SOMOZAS B - NUMANCIA

SDR NUMANCIA. PREVIA SOMOZAS B - NUMANCIA. NOVEMBRO 2009GARCÍA: “MELLOR DE CENTRAL”
Alejandro García, un dos xogadores chamados a liderar o Numan, é o invitado nesta ocasión para comentar a previa do Somozas B – Numancia.

- Álex, esta temporada non está sendo moi boa, ¿que ocorre?
- Pois non entramos nunha dinámica gañadora e agora cóstanos. En consecuencia, a xente anda baixa de ánimo.
- Ultimamente estás xogando no medio; ¿onde estás máis a gusto, de central ou de medio?
- Mellor de central, sempre xoguei nesa posición e colócome mellor; no medio estou máis perdido.
- Estás de acordo en que falta contundencia na defensa?
- Algo de razón hai. Ultimamente estamos regalando goles, quizás por falta de intensidade. Pero a falta de actitude defensiva é de todo o equipo, non só da liña defensiva.
- A estas alturas do campionato, cales son os obxectivos?
- Agora mesmo, o obxectivo é intentar alcanzar os catro primeiros postos.
- O Somozas B, só gañou un partido. Unha derrota o domingo, indicaría que o equipo do Numancia non está para grandes metas?
- Si, totalmente. O domingo temos que gañar, si ou si.
- Para o domingo o Numancia conta con baixas importantes, como ves o partido?
- Calquera xogador que saia ao céspede de Pardiñas pode facelo ben, non deben preocuparnos as ausencias.
- Como ves esta 2ª autonómica?
- Opino que hai máis nivel que en temporadas anteriores.
- Cales son os equipos máis fortes?
- O Ortigueira, Valdoviño e Perlio.
- Que xogadores destacarías nesta categoría?
- Sebas (Valdoviño) e Borja (Ortigueira).


Á finalización do adestramento deste venres, Juan Alberto convocou aos seguintes xogadores para o domingo:
Kiko, Teti, Javi, Jose, Pedro, Bule, Manu, Julio, Costa, Carlos, Vicente, García, Fernando, Jesús, Dani e Rubén Allegue.
Ás ausencias por lesión de Oli e Ortega, súmanse esta semana Borja e Pedrito. Tampouco pode contar con Jauma (sancionado cun partido) nin con Sergio e Iván (ausentes, por cuestións laborais)

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.