AFECCIONADOS. NUMANCIA, 4 - CEBARCA, 1

SDR NUMANCIA. AFECCIONADOS: NUMANCIA 4 CEBARCA 1. VOLTA Á SENDA DAS VITORIAS

Oitava xornada de liga e cuarta vitoria do Numancia ante un Cebarca moi traballador.

 

25 de outubro de 2009

FICHA TÉCNICA
NUMANCIA: Iván; Teti, Jauma (Fernando, m.63), Bule, Vicente; García, Julio (Ortega, m. 67), Borja, Javi (Rubén, m. 76); Manu (Carlos, m. 83) e Pedrito.
CEBARCA: Pita; Juan, Oli, Cris, Jose, Dani (Marcos, m. 61), Diego, Suso, Kivi (Esteban, m. 73), Esteban (Xelo, m. 73) e Beni.
ÁRBITRO: Alberto Cinza Seoane. Amoestou a García do Numancia e Esteban do Cebarca.
GOLES:
1 – 0 m. 30: Pase atrás de Pedrito desde a liña de fondo para Manu que tira e consegue o primeiro gol.
2 – 0 m. 34: Disputa de Pedrito por un balón ao borde da área, indo o balón para Borja cuxo disparo entra pegado ao poste esquerdo.
2 – 1 m. 48: Pase a Kivi que controla e marca por baixo.
3 – 1 m. 65: Pase de Javi a Pedrito que define diante de Pita.
4 – 1 m. 66: Julio centra desde a liña de fondo e Pedro remata a gol.
 
COMENTARIO. Partido entretido con ocasións de gol para os dous equipos. Na primeira parte os dous goles numantinos conseguidos en poucos minutos desequilibraron o marcador para o equipo local ante uln Cebarca formado con xogadores veteráns que pelexaron os noventa minutos e provocaron un auténtico intercambio de ocasións nun partido lucido para os espectadores. Se Borja tivo unha ocasión clara no m. 24 cun disparo que se estrelou na madeira, tamén Kivi puido conseguir o gol para o Cebarca no m. 28.
Ao comezo da segunda parte puido empatar o Cebarca nunha ocasión clara de Kivi no minuto 16. Cos dous goles seguidos de Pedrito o Numancia sentenciou o partido aínda que o Cebarca mantivo a mesma dinámica de traballo, loitando por todos os balóns e dando sempre a cara.
Con estes tres puntos o Numancia mantense nunha posición intermedia na táboa, lonxe do Perlío (1º clasificado) pero só a catro puntos do Cedeira (2º clasificado). O próximo partido ante o Ortigueira, tamén en Prados Vellos, servirá para avaliar unha vez máis as posibilidades deste irregular Numancia.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.