Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. PREVIA MANIÑOS - NUMANCIA
 
 

AFECCIONADOS. PREVIA MANIÑOS - NUMANCIA

SDR NUMANCIA. PREVIA MANIÑOS - NUMANCIAJUAN ALBERTO: “ TEMOS POUCA INTENSIDADE DEFENSIVA”

Na tarde deste venres, Juan Alberto infórmanos do estado da plantilla para o partido deste domingo contra o Maniños, encontro no que seguirá sen poder contar con varios xogadores lesionados, caso de Oli, Iván, e Costa. Pola contra, recupera a Bule, unha vez cumprido o partido de sanción.
-                      Juan, en seis partidos, tres derrotas e tres vitorias, con 13 goles en contra. Como xustificas tantos goles en contra, que converten ao Numan no equipo máis goleado?

 

-                      Observo que existe pouca intensidade defensiva en todo o equipo e tamén falta de capacidade para realizar transicións defensivas rápidas. Cóstanos xuntarnos máis para defender.          
-                      Despois da última derrota, e a seis puntos do Perlío, perder en Maniños sería un “adeus” ao título ?
-                      Non, esta temporada hai uns seis ou sete equipos dun nivel parello que se van quitar moitos puntos nos partidos que xoguen entre si.
-                      Acusa o equipo a baixa de Oli?
-                      Si, evidentemente notamos bastante a súa ausencia porque Oli é un xogador que transmite o seu espírito competitivo e ademais funciona como catalizador de motivación para os seus compañeiros.
-                      Centrándonos no Mañinos, que coñeces do rival?
-                      Esta temporada só o vin nun partido de pretemporada e non podo valoralo aínda que supoño que seguirá coma a temporada anterior no que tentaba facer xogo combinativo.
-                      Cal sería o aspecto máis perigoso do equipo?
-                      Teñen bos xogadores no medio campo que efectúan cambios de orientación longos, de maneira que desarman a posible presión. Certamente, dispoñen dun medio campo moi sólido.
-                      Que xogador destacarías?
-                      Sen dubidalo, o medio Javi.
-                      Dános un pronóstico para o domingo.
-                      1 – 2
 
Coma sempre, David Seijas, delegado do equipo, facilítanos a relación de xogadores convocados para o Pote:
Porteiros: Sergio e Kiko
Defensas: Jauma, Bule, Vicente, García e Fernando.
Medios: Julio, Teti, Borja, Zeta, Dani e Javi.
Dianteiros: Manu, Pedrito e Jesús.
 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.