Inicio Noticias Afeccionados ADR NUMANCIA DE ARES 5 - ADC A CAPELA 0
 
 

ADR NUMANCIA DE ARES 5 - ADC A CAPELA 0

ADR Numancia de AresVICTORIA CLARA PARA AVANZAR NA COPA

Partido correspondiente a Eliminatoria Previa da Copa Delegación de Ferrol, disputado na tarde do domingo en Prados Vellos as 20:00, horario motivado pola celebración das Primeiras Comunións en Ares.

Nos prolegómenos do partido, o representante de Bodegas & Vinos Ares, Alex Pérez fíxolle entrega a Chapu do premio como xogador mais regular do mes de Abril. ¡¡¡Noraboa, Chapugol¡¡¡

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Arnoso, Amenedo, Antón, Berto, Marcelo, Elías, Julio, Iván Pivo, Carlos,  Alex Pita e Ángel. Tamén: Espiñeira, Vicente, Pablo Ferro, Fran Ripas e Chapu.

ADR Numancia de Ares.Temporada 2018-2019. XIX COPA DELEGACION FERROL. Ronda Previa - Prados Vellos - 12/05/2019. ADR Numancia de Ares, 5 - ADC A Capela, 0Tarde calurosa e soleada en Ares, aínda que a hora do partido aliviu a cousa. Primeiras comunións en Ares, o que propiciu que algúns dos nosos xogadores chegaran moi xustos de tempo ao partido. Agradecemos o compromiso de todos eles, levantándose da mesa nunha celebración familiar tan especial para cumprir co Numancia.

Comezou o partido cunha chegada perigosa do Capela que non atopou o premio do gol. Foi un espellismo, xa que o Numancia colleu o control do balón ante un rival que agardaba moi repregado algún fallo dos nosos. O Numancia achegábase a portería rival sen demasiada claridade, ata que no minuto 16, un gran balón interior de Berto o aproveita Carlos para facer o 1-0 ante a saída do veterán porteiro, Truman. A primeira metade transcurría con control e posesión do Numancia e algunha que outra chegada visitante froito da relaxación excesiva dos nosos. No minuto 43, bonita triangulación entre Julio, Iván Pivo e Ángel para que este último acade o 2-0 e anote o seu primeiro gol da tarde. Co 2-0 no marcador chegabamos ao descanso.

Na segunda metade o Capela adiantou as súas líneas buscando recurtar diferecias. O partido pasou a ser de ida e volta, algo que non gustaba no banquillo local, que pedía calma aos seus. Non chegou a calma, pero si o 3-0 obra novamente de Ángel. Ese gol matou definitivamente un partido que tivo nos seus últimos 20 minutos un tramo moi tranquilo. Elias aproveitaba o pase da morte de Ángel tras xogada individual para facer o 4-0. Nos últimos minutos, Ángel conseguía un hattick firmando o 5-0 tras lanzamento dun córner e posterior asistencia de Vicente coa cabeza.

Resultados da xornada.

Acta abreviada do encontro.

Galería fotográfica do partido.

En resumo, partido cómodo para o Numancia nesta ronda previa da Copa, na que ao igual que a temporada pasada tivemos a mala sorte de ter que xogar. Por fortuna, a seguinte eliminatoria volve a ser na casa, o próximo domingo en Ares ante o San Mateo CF. O vencedor desa eliminatoria, xogará ante o Cultural Maniños como local o 26 de Maio. Camiño ilusionante o que se presenta por diante, paso a paso.

¡¡¡O domingo, todos a Prados Vellos¡¡¡

AUPA NUMANCIA

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.