Inicio Noticias Afeccionados UD CEBARCA 2 - ADR NUMANCIA DE ARES 2
 
 

UD CEBARCA 2 - ADR NUMANCIA DE ARES 2

ADR Numancia de AresTRÁMITE PARA FINALIZAR A LIGA

Partido correspondiente a última xornada da Segunda Galicia grupo "A", disputado na tarde do domingo no Bernardino Breijo de A Barqueira, cunha boa asistencia de espectadores.

 

 

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Arnoso, Antón, Berto, Juan, Marcelo, Elías, Teti, Martín, Julio, Iván Pivo e Chapu. Tamén: Vicente, Fran Anido, Raúl Anido e Dani Espiñeira.

ADR Numancia de Ares. SEGUNDA GALICIA, GRUPO 3º A.- FERROL .Temporada 2018-2019.  Cebarca, 2 - Numancia, 2Cebarca e Numancia chegaban a última xornada de Liga sen moito en xogo, soamente saber en que posición quedarían finalmente na Liga. Na primeira metade, adiantabanse os locais gracias a un gol de Cristian cando se levaba un cuarto de hora de xogo. Os numantinos non querían pesrr neste último partido, e reaccionaron cun gol de Chapu pouco despois. Primeira metade con chegadas as áreas por parte dos dous equipos, que finalizaba cun empate

Na segunda parte, de novo Chapugol anotaba desta vez o 1-2 no minuto 70.  Os locais tampouco querían perder no último partido oficial do seu capitán, Carlos Abellá, que se retiraba tras 20 anos no clube. Desta forma, pouco antes do pitido final, Ángel facía o 2-2 definitivo que deixaba un reparto de puntos para os dous equipos.

O mais salientable do partido para o Numancia foi a participación no mesmo de dous xogadores en idade de último ano xuvenil, os irmáns Fran e Raúl Anido que botaron unha man ao primeiro equipo, cheo de baixas nesta última xornada de Liga.

ADR Numancia de Ares  ADR Numancia de Ares. Chapu. Máximo goleador.

Remata a competición da Segunda Galicia para un Numancia que finaliza a mesma no sexto posto. Despois dunha primeira fase da temporada onde nos clasificamos como segundos na previa e onde despois soñamos con manternos nos postos de cabeza; este último tramo de Liga irregular condenounos a terminar nun sexto posto meritorio, pero que sabe a pouco visto o traballo realizado polo plantel. A mellor noticia foi que CHAPUGOL fíxose co Trofeo de MÁXIMO GOLEADOR DA SEGUNDA GALICIA. Os seus 25 goles terán premio, o cal recibirá o próximo 7 de Xuno na Gala do Fútbol de Ferrolterra, que se celebrará no Pazo da Cultura de Narón a partir das 20:00. ¡¡¡Noraboa, César Vicente López¡¡¡ #orgullonumantino

Clasificación e resultados da xornada.

Acta abreviada do encontro.

Clasificación máximos goleadores da categoría.

Galería fotográfica do partido.

Agora, sen tempo para descansar, o Numancia afrontará o próximo domingo ás 20:00 (horario motivado polas primeiras comunións, ante a imposibilidade do ADC A Capela de xogar o sábado) a eliminatoria previa dunha competición de Copa que se presenta moi ilusionante. Sabemos que no Torneo do KO non hai nada doado, polo que pedimos a colaboración de toda a Marea Vermella para conseguir o pase a seguinte ronda, nestas eliminatorias a partido único. ¡¡¡Contamos contigo¡¡¡

AUPA NUMANCIA

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.