ADR NUMANCIA DE ARES 5 - SAN MATEO CF 1

ADR Numancia de AresCÓMODA VICTORIA NA ÚLTIMA XORNADA EN PRADOS VELLOS

Partido correspondiente a penúltima xornada da Segunda Autonómica de Ferrolterra, grupo "A", disputado no campo de Prados Vellos que rexistrou unha aceptable entrada.

Nos prolegómenos do partido fíxose entrega dos premios valores do Numancia 2019, aos seguintes xogadores:

Dani Espiñeira (Modestos), Pablo Vascós (Xuvenís), Pablo Cartelle (Cadetes), Izan Chao (Infantís), Lucas Bardanca (Alevíns), Lucas Varela (Benxamíns), Xavi García (Prebenxamíns), Hugo de Navas (Categoría Especial)

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Kike, Amenedo, Berto, Juan, Ferro, Martín, Alex Pita, Iván Pivo, Julio e Chapu: Tamén: Carlos Vázquez, Antón, Fran Ripas, Óscar e Arnoso (p.s)

ADR Numancia de Ares. SEGUNDA GALICIA, GRUPO 3º A.- FERROL .Temporada 2018-2019.  Numancia, 5 - San mateo, 1Tarde soleada e calurosa nun Prados Vellos que acollía o último partido da Segunda Galicia en Ares, na penúltima xornada. O rival, un San Mateo que se presentaba en Ares con 11 xogadores xustos. Comezaba o partido cun ritmo lento, con dúas ocasións do Numancia por parte de Julio e de Chapu e coa inoportuna lesión de Alex Pita. No minuto 17 de xogo, Miguel facía o 0-1 na primeira chegada dos visitantes a portería de Kike. Chapugol facía o 1-1 no minuto 30 cunha volea tras asistencia de Julio. Pouco despois, o gardarredes visitante facía un penalti sobre Julio, para posteriormente deterlle a pena máxima a Chapu cunha boa intervención. Antes do descanso, Elías e Chapu terían opción de adiantar ao Numancia, pero non atinaban polo que unha mala primeira parte dos dous equipos finalizaba cun empate.

No tempo de descanso, o Presidente da Peña Barcelonista Aresana, Pedro Varela recibiu a camiseta do Real Madrid, sorteada con motivo de axudar a "Una Cura para Adri", ademais de participar no Concurso de Tiro dende mediocampo, conseguindo o gol á primeira. ¡¡¡Noraboa Pedro¡¡¡. Unha mágoa que non conseguiramos que puxeras a camiseta....

Volvendo ao "fútbol", na segunda metade, os naroneses acusaron a ausencia de homes de refresco, mentras que o Numancia movía ao banquillo e dáballe unha velocidade mais ao partido. Ocasións para Elías e Chapu, e 2-1 no minuto 63 tras unha boa triangulación entre Fran, Carlos e o matador Chapu. Pouco despois chegaría o 3-1, ao rematar Chapu de cabeza un bo lanzamento de esquina de Juan. Novamente Juan asistía a Chapugol para o 4-1, o que sería o póker de goles para un Chapugol que a falta dunha xornada postúlase como o Pichichi da categoría. O 5-1 definitivo era cousa do capitán, Julio, quen aproveitaba un envío de Óscar, con asistencia final de Chapu para pechar o marcador definitivo.

Clasificación e resultados da xornada.

Acta abreviada do encontro.

 

Galería fotográfica do partido.

En resumo, victoria cómoda do Numancia ante un San Mateo voluntarioso e moi deportivo, o que propiciou un pardido cómodo e de luva blanca para o colexiado do mesmo, Juan Carlos García.

Este domingo ás 17:00 toca rematar a Liga no Bernardino Breijo ante o UD Cebarca, antes de pensar na competición de Copa, na que recibiremos a visita do ADC A Capela na eliminatoria previa da mesma, a próxima fin de semana en Prados Vellos.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.