CCRD PERLÍO 3 - ADR NUMANCIA DE ARES 1

ADR Numancia de AresBOA IMAXE, A PESAR DO RESULTADO

Partido correspondiente a antepenúltima xornada da Segunda Autonómica grupo "A", disputado na tarde do domingo de Ramos no campo de Los Pinares.

Perlío, 14 de Abril do 2019

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Kike, Antón, Berto, Juan, Pablo Ferro, Elías, Iván Pivo, Alex Pita, Espiñeira, Julio e Chapu. Tamén: Óscar, Ángel, Martín, Fran Ripas e Carlos Arnoso (p.s.)

ADR Numancia de Ares. SEGUNDA GALICIA, GRUPO 3º A.- FERROL .Temporada 2018-2019.  Perlío 3, Numancia, 1Chegaba o Numancia ao campo dos Pinares para medirse a un equipo inmerso na loita polo título de Liga. Os nosos, que buscan finalizar a Liga na mellor posición posible, realizaron un partido serio en terras fenesas, pero a maior pegada e fame dos locais foi decisiva. Na primeira metade foron os locais os que levaron maior perigo, atopándose cun acertado Kike na portería numantina. No minuto 41, "Pocho" facía o 1-0 para o Perlío. Xusto antes do descanso, Elías erra un penalti "de panenka" que daba no travesaño, impedindo o empate do Numancia.

Na segunda metade Dani Varela, de penalti facía o 2-0 no minuto 48. O Numancia mellorou en ataque, chegando con mais perigo a portería dun dos mellores gardametas da comarca, Rafa Afonso. Julio, no minuto 70 conseguía o 2-1. Os nosos crearon ocasións e levaron a incertidume e o nerviosismo a parroquia local, pero xa no desconto, Isma facía o 3-1 deixando os tres puntos en terras fenesas.

En resumo, bo partido do Numancia ante o líder da categoría. Boas sensacións entre os aficionados que arrouparon ao equipo nos Pinares a pesar de ser unha data sinalada en Ares, o Domingo de Ramos.

Clasificación e resultados da xornada

Acta abreviada do encontro

Agora toca centrarse nos dous últimos partidos de Liga e nunha ilusionante competición de Copa. Paso a paso. O próximo domingo ás 17:30 visita Prados Vellos o San Mateo, un encontro que se podería repetir na Copa dentro de tres semanas, se o Numancia consigue superar a Fase Previa. ¡¡¡Todos a Prados Vellos este domingo¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.