ADR NUMANCIA DE ARES 2 - ADC A CAPELA 1

ADR Numancia de Ares.PENSANDO NO FUTURO

Partido correspondiente a última xornada da Fase Previa da Segunda Galicia no seu grupo "A", disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante un bo número de espectadores. Nos prolegómenos do encontro, o responsable das Bodegas&Vinos Ares, Alex Pérez entregoulle a Dani Espiñeira o agasallo como mellor xogador do mes de Outubro. Tamén antes do encontro, o piloto aresá, Juancho Romero foi agasallado pola presidenta do Numancia, Elena Fuentes cunha bufanda e unha camiseta do clube, para posteriormente realizar o saque de honra do partido.

Ares, 11 de Novembro de 2018

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Marcelo, Óscar, Vicente, Pablo Ferro, Rubén, Joaquín,  Iván Pivo, Chapu, Dani Espiñeira e Ángel. Tamén xogaron: Julio, Alex Pita, Elías e Juan.

ADR Numancia de Ares. Juancho Romero Saque de honor en el Numancia, 2 - Capela, 1Numancia e Capela non se xogaban nada neste encontro. Os nosos clasificados como segundos de grupo para a Liga principal e os visitantes, que se presentaron con 12 xogadores en Ares, xa sen opcións de clasificarse. A primeira parte foi mala de solemnidade, axudado tamén polos golpes e interrupcións que se produciron durante os primeiros 45 minutos. Destacamos na primeira parte algunha tímida ocasión do Numancia e o gol en propia meta de Chapu tras o saque dunha falta dos visitantes, que supuxo o 0-1 antes do descanso.

Na segunda metade os nosos saíron decididos a darlle a volta ao marcador. Momentos de xogo colectivo mesturábanse con outros de precipitación e abuso de balóns longos que non atopaban un bo destino. O rival, facía o seu partido, serio en defensa e deixando pasar o tempo. Por sorte, unha boa parede entre Chapu e Julio era finalizada con éxito por este último, que superaba ao incombustible Truman para facer o 1-1. Nos últimos minutos, o Numancia buscou a portería visitante con mais corazón que cabeza. Demasiado excitado. No tempo de desconto, unhfa falta favorable ao Capela termina nun contraataque para o Numancia. Chapu asiste maxistralmente a Ángel e este non perdoa diante do porteiro, conseguindo o definito 2-1 antes do pitido final do colexiado.

En definitiva, partido de trámite para os nosos, que fixeron unha boa Primeira Fase, clasificándose como segundos clasificados para a grupo que loitará polo ascenso a Primeira Autonómica. Nos próximos días, publicaremos unha valoración desta Primeira Fase por parte do adestrador do equipo, Miguel Carballeira.

O próxim domingo comeza a Segunda Fase no campo de A Piscina de San Sadurniño. Sansa - Numancia, primeira etapa desta bonita aventura que nos agarda. ¡¡¡Non faltes¡¡¡

AUPA NUMANCIA

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.