SAN MATEO CF 3 - ADR NUMANCIA DE ARES 2

ADR Numancia de Ares.PRIMEIRA DERROTA DA TEMPORADA

Partido correspondiente a penúltima xornada da Primeira Fase da Segunda Galicia no seu grupo "A", disputado na tarde do sábado no campo de Trasancos, con numerosa presencia de seguidores de ambos equipos e tamén de compoñentes doutros equipos da categoría.

San Mateo, 3 de Novembro de 2018

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Kike, Marcelo, Óscar, Antón, Pablo Ferro, Vicente, Elías, Iván Pivo, Rubén, Ángel e Chapu. Tamén xogaron: Fran Ripas, Dani Espiñeira, Alex Pita e David Amenedo.

ADR NUmancia de Ares. Trasancos. San Maeto, 3 - Numancia, 2. Aficionados 2018-2019

Tarde gris a do sábado de Samaín en San Mateo, aínda que a choiva non apareceu e os numerosos espectadores que acudiron o campo de herba natural de Trasancos poideron desfrutar do fútbol sen mollarse. Chegaban os naroneses ao partido con ganas de certificar o seu pase o primeiro grupo. Pola sua parte, o Numancia, xa clasificado, continuaba coa sua política de rotacións, buscando ter a toda a plantilla nas mellores competicions cando chegue o comezo da Segunda Fase. O partido foi entretido para o espectador. Na primeira metad houbo bastantes chegadas as dúas porterías, con ocasións nas que os porteiros interviron con acerto. No minuto 17, bonita triangulación do Numancia, na que Iván Pivo asiste finalmente a Rubén para que este anote o 0-1. Tres minutos despois, Dani facía o 1-1 para os locais, finalizando unha xogada colectiva.  Con este empate no marcador, o partido chegaba ao tempo de descanso.

Na segunda metade, Chapu facía no minuto 53 o 1-2 tras peinar Rubén unha falta colgada a área e asistir ao propio Chapu, que non fallaba diante do porteiro. Volvía a ter vantaxe ao Numancia, pero ao contrario que pasara a semana pasada co CD Cariño, os cambios esta vez non sentaron ben ao equipo. Os locais fóronse arriba buscando como mínimo o empate. O xogador local Jomaka, entraba dende o banquillo e sería clave no partido. No minuto 78 facía o 2-2 nun disparo que non conseguía atallar Kike. No minuto 84, o propio Jomaka facía o 3-2 defintivo, aproveitando un balón solto na área do Numancia. Os nosos buscaron o empate pero non houbo sorte e os tres puntos quedaban na casa. Con esta victoria, o San Mateo consigue o pase ao grupo principal da categoría. Parabéns, vémonos na Segunda Fase.

En canto ao Numancia, este partido serviu para coñecer de primeira man o que nos agarda na Segunda Fase. Xa se coñecen prácticamente todos os equipos que estarán no grupo principal, a falta dunha xornada. Agardan moitos partidos como o de onte, con campos de herba natural, días grises e partidos de loita e concentración. O noso xoven equipo a bo seguro que sacou boas conclusións do partido de hoxe, onde sufriron a primeira derrota da temporada que por sorte non ten consecuencias no aspecto clasificatorio.

O próximo domingo ás 16:30, xogaremos ante o ADC Capela en Prados Vellos o último partido da Primeira Fase, antes de comezar a Segunda Fase que ten a sua data de inicio o 18 de Novembro.

 

¡¡¡Vémonos o próximo domingo en Prados Vellos¡¡¡

AUPA NUMANCIA

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.