Inicio Noticias Afeccionados ADR NUMANCIA DE ARES 5 - CD CARIÑO 1
 
 

ADR NUMANCIA DE ARES 5 - CD CARIÑO 1

ADR Numancia de Ares.AO MAL TEMPO, TRES NOVOS PUNTOS

Partido correspondiente a antepenúltima xornada da Primeira Fase da Segunda Galicia, grupo A, disputado na tarde do sábado en Prados Vellos ante un centenar de espectadores.

Ares, 27 de Outubro do 2018

ADR Numancia de Ares. Álvaro Illobre homenajeado en Prados Vellos.Nos prolegómenos do partido, o deportista aresán, Álvaro Illobre saltou ao campo en medio do pasillo de honra dos dou equipos. Posteriormente a Presidenta do Numancia agasallou a Álvaro cunha bufanda do club e unha camiseta de EU SON NUMAN. Como colofón a esta homenaxe, Álvaro Illobre realizou o saque da honra do partido.

Tamén antes do partido, os xogadores e corpo técnico do Numancia posaron para a "prensa gráfica" cunha pancarta de ánimo ao seu compañeiro Martín Pérez, quen leva ausente unha temporada debido a que está en "boxes".

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores para este partido:

NUMANCIA: Kike, Emi Maga, Antón,  Vicente, Pablo Ferro, Elías, Fran Ripas, Rubén, Marcelo, Alex Pita e Ángel. Tamén xogaron: Amenedo, Dani Espiñeira, Chapu e Iván "Pivo".

ADR Numancia de Ares. Ánimo MartínChoiva e frío na tarde do sábado en Prados Vellos, nun partido no que o Numancia, cos deberes feitos e co liderato en posesión, recibía a un CD Cariño sen opcións de clasificarse para o grupo bo. Novedades once titular do Numancia, con algúns xogadores que por diversos motivos non acumulaban moitos minutos na tempada e co debut no equipo de Ángel Fernández, que tramitaba a licencia federativa esta misma semana para axudar unha temporada mais ao equipo.  Así as cousas, o partido comezou sen moito ritmo e coa mala nova da lesión de Emilio Magariños, que se retiraba do campo cunha forte dor da rodilla, tendo que acudir ao centro médico da mutualidade. A falta de mais probas, a cousa pide paciencia. ¡¡¡ÁNIMO MAGA¡¡¡. Despois deste lance, os nosos colleron o timón do xogo e tiveron algunha ocasión para adiantarse. Sería Rubén a media hora de xogo o que faría o 1-0 finalizando unha triangulación dos nosos. Os visitantes non se viñan abaixo e gozaban dalgunha ocasión ben resolta por Kike. Xusto antes do descanso, o veterán xogador dos de Ortegal, "Perlero" facía o 1-1 co que se chegaba ao descanso.

O inicio da segunda metade non foi doado, xa que o equip saiu frío como ó tempo e os de Cariño eran mellores. Por sorte, os homes de refresco entraron con bo pe e o xogo do Numancia mellorou. No minuto 67, Ángel estrenábase como goleador facendo o 2-1 tras xogada colectiva. No 79, Espiñeira aproveitaba un rechade do porteiro tras disparo de Chapu para facer o 3-1. E nna recta final do partido era o propio Chapu o que acudía a súa cita habitual co gol. No 82 tras unha boa asistencia de Pita para Ángel, éste último dispara e o rechade do porteiro o colle Chapu para facer o 4-1. Pouco antes do pitido final, Chapugol establecía o definitivo 5-1 no marcador final.

En resumo, partido tranquilo para un Numancia que sigue no liderato a falta de dous partidos para a finalización desta Primeira Fase. O próximo sábado no campo de Trasancos de San Mateo xogaremos ante un equipo local que busca certificar o seu pase o grupo principal da categoría.

¡¡¡Vémonos o sábado en San Mateo¡¡¡

AUPA NUMANCIA

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.