Inicio Noticias Afeccionados ADC MOECHE 3 - ADR NUMANCIA DE ARES 5
 
 

ADC MOECHE 3 - ADR NUMANCIA DE ARES 5

ADR Numancia de Ares.PRIMEIRO OBXETIVO CUMPRIDO E LIDERATO COMO PREMIO

Partido correspondiente a séptima xornada da Primeira Fase da Segunda Galicia no seu grupo A, disputado no  Municipal de Moeche ante espectadores de ambos equipos.O Numancia conseguiu unha importante vitoria coa que certificou a sua clasificación para o grupo principal da Segunda Galicia e colocouse como líder do grupo.

Moeche, 21 de Outubro de 2018

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Kike, Emi Maga, Antón, Óscar, Marcelo, Elías, Joaquín, Iván Pivo, Dani Espiñeira, Alex Pita e Rubén. Tamén xogaron: Julio, Juan, Amenedo e Pablo Ferro.

ADR Numancia de Ares. Temporada 2018-2019. Aficionados. Moeche, 3 - Numancia, 5. Municipal de Moeche.Tarde primaveral en Moeche, nun dos mellores campos de herba natural da provincia, que convidaba a xogar ben o fútbol. Os xogadores de ambos equipos saíron a disfrutar e conseguiron anotar oito goles, nun partido entretido para os espectadores entre dous equipos da zona alta do grupo. Comezaba o Numancia tendo a posesión do balón, pero os locais estaban ben posicionados no campo. No minuto 20, un autogol do noso xogador Óscar, establecía o 1-0 no marcador. Pouco despois, no minuto 24, Dani Espiñeira anotaba o 1-1 co que se chegaba ao descanso.

Na segunda metade, o Numancia aproveitou o mal inicio da mesma por parte do Moeche para escaparse no marcador. Dúas asistencias de Dani Espiñeira terminaron da misma maneira, con goles de Alex Pita nos minutos 47 e 56 de partido, establecendo desa maneira o 1-3. O goleador dos locais, Santi Breijo superaba a Kike e facía o 2-3 xusto despois do terceiro gol do Numancia. O partido estaba emocioante e podía caer para calqueira dos dous lados. Por sorte, apareceu outro dos goleadores numantinos desta temporada, Rubén Alegue para con dous goles consecutivos, poñer o 2- 5 no marcador a falta de 35 minutos para ó final, sentenciando prácticamente ó encontro. No tramo final de partido baixou o ritmo por parte dos dous equipos, anotando Santi Breijo o 3-5 para os de Moeche pouco antes do pitido final do colexiado.

En definitiva, bonito partido entre dous equipos da zona alta do grupo. Os locais deberán seguir loitand nas últimas tres xornadas para acceder a Liga principal da categoría. Unha Liga onde xa ten asegurada a sua presencia o Numancia, na que buscará competir da maior maneira posible ante os mellores equipos da categoría, nunha Liga na que o campión ascenderá directamente á Primeira Galicia e o segundo xogará a promoción de ascenso. Pero iso será no futuro.  Polo momento, toca disfrutar e tamén defender o liderato do grupo "A" nas restantes tres xornadas da Primeira Fase, ante o CD Cariño, San Mateo CF e ADC Capela.

O próximo sábado ás 17:30 recibiremos en Prados Vellos ao CD Cariño, xa que non queremos quitarlle audiencia televisiva ao Barsa - Real Madrid do domingo á tarde.

¡¡¡Vémonos o vindeiro sábado en Prados Vellos¡¡¡

AUPA NUMANCIA

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.