NUMANCIA DE ARES 3 - SD VALDOVIÑO 1

ADR Numancia de Ares.FALEMOS DE FÚTBOL

Partido correspondiente a sépima xornada do grupo A da Primeira Fase da Segunda Galicia, disputado en Prados Vellos ante un bo número de aficionaodos. Antes do partido, realizáronse os seguintes actos protocolarios:

Ares, 14 de Outubro de 2018

ADR Numancia de Ares. Saque de honor de Paula Mayobre. Aficionados 2018-2019. Numancia, 3 - Valdoviño, 1- O representante de Bodegas&Vinos Ares, Alex Pérez agasallou cun estuche de viño a Carlos Vázquez, gañador do premio a regularidade do mes de Setembro.

-  A atleta aresá, Paula Mayobre entrou no terreo de xogo sendo homenaxeada polos dous equipos cun pasillo. Posteriormente, a Presidenta do Numancia, Elena Fuentes agasallou a Paula cunha camiseta de EU SON NUMAN e cunha bufanda do club. Posteriormente, Paula Mayobre realizou o saque da honra do partido, entre os aplausos do respetable.

. Gardouse un minuto de silencia en memoria das víctimas do temporal de Mallorca e dos tres rapaces cedeireses falecidos na mañá de sábado nun accidente de tráfico en Valdoviño.

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron neste partido dos seguintes xogadores:

NUMANCIA: Kike, Óscar, Amenedo, Antón, Juan, Elías, Julio, Joaquín, Dani Espiñeira, Alex Pita e Rubén. Tamén xogaron: Marcelo, Chapu, Emi Maga e Pablo Ferro.

Non defraudou a ninguén o encontro entre os dous primeiros clasificados do grupo A da Segunda Galicia. O Valdoviño chegaba a Prados Vellos contando os seus partidos por victorias. Os visitantes amosaron ser un gran equipo, pero finalmente caeron derrotados gracias a o bo facer, a loita e o empuxe dos nosos.

Comezou o partido cos dous equipos querendo ter o balón, pero foi o Valdoviño o que se fixo coa posesión e co dominio do partido na primeira media hora de xogo. Chegaba unha triple ocasión visitante, onde estiveron a piques de adiantarse. Si que o fixeron no minuto 25, cando na saída dun córner Javi facía o 0-1 cunha fermosa chilena. Seguía o dominio dos de Valdoviño, salvando Kike unha clara ocasión. Pouco despois, o colexiado anulaba por un dubidoso fora de xogo un gol ao noso atacante Alex Pita. Minutos despois, chegaban duas novas ocasións dos visitantes e un cabezazo do noso dianteiro Rubén que marchaba alto. Pouco antes do descanso, chegaba o 1-1 cun auténtico golazo de Joaquín cun gran disparo dende fora da área que entraba pola escuadra esquerda da portería visitante. Un minuto despois, Juan envíaba un balón á espalda da defensa visitante, recollendo o esférico Dani Espiñeira, quen despois dunha fermosa xogada persoal, batía ao porteiro visitante facendo o 2-1 cun disparo axustado ao seu pau dereito. Goles son amores, polo que o Numancia marchaba vencendo ao descanso ante un rival que fixo os mellores 40 minutos que se recordan en Prados Vellos dun conxunto visitante.

Na segunda metade, cambiaron as cousas. O partido tivo moito menos ritmo, e os nosos estiveron mellor que os laranxas. Chegaban tímidas ocasións a balón parado para os dous equipos. Antón cun taconazo, a piques estaba de superar ao gardarredes visitante. Non se rendían os de Valdoviño, que avisaban cun centro - chut que solventaba Kike. Posteriormente, un cabezazo de Rubén era solventado polo gardarredes visitante cunha fermosa parada. No último minuto, chegaba a xogada clave da tarde. Con Chapu tirado no campo, e con posesión de balón para un Valdoviño que decidiu contínuar co xogo, perdendo un balón que lle cae ao noso dianteiro Rubén, quen cunha bonita vaselina fai o 3-1 definitivo. O que pasou despois, o poideron ver e tamén escoitar todos os presentes en Prados Vellos na tarde do domingo. Haberá opinións para todos os gustos. O único certo, e que o colexiado deu validez ao tanto e o partido finalizou con moita tensión e co resultado definitivo de 3-1 favorable ao Numancia.

En definitiva, partidazo en Prados Vellos con bo xogo golazos, , ambiente, polémica e quizais tensión de mais. Unha tensión que provocou momentos e algún que outro suceso que non favorecen para nada a boa imaxe do fútbol aficionado nin dos clubs participantes.  Dende o Numancia, traballaremos para correxir aquelo que esté nas nosas mans (os comportamientos externos dos que nos visitan non podemos eliminalos tan fácilmente) para que os nenos e familias que asisten en bo número a Prados Vellos disfruten co fútbol en armonía e bo ambiente.

O próximo domingo, o Numancia rendirá visita a outro dos equipos da zona alta da clasificación, o ADC Moeche no campo Municipal desa localidade. ¡¡¡Agardámosvos alí¡¡¡

XUNTOS SOMOS MELLORES

AUPA NUMANCIA

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.