Inicio Noticias Afeccionados GALICIA DE MUGARDOS "B" 0 - NUMANCIA DE ARES 3
 
 

GALICIA DE MUGARDOS "B" 0 - NUMANCIA DE ARES 3

ADR Numancia de AresDERBI E TRES PUNTOS PARA O NUMANCIA NO TEMPLO MUGARDÉS DA PEDREIRA

Partido xogado na tarde do sábado 29 de Setembro no excelente campo de herba natural de A Pedreira. Gran entrada de aficionados de ambos equipos, con moita xuventude tanto no campo como nas bancadas. O primeiro derbi oficial da temporada terminou cunha clara vitoria dos nosos por 0-3, nun partido entre dous equipos que buscan ó pase o grupo forte da Segunda Galicia.

Mugardos, 29 de Setembro do 2018

FICHA TÉCNICA:

G. MUGARDOS "B": Alex Yañez, Jorge, Sergio, Alex Otero, Adrián, Nacho Paz, Marcos Varela, Juan, Josiño, Alex Martínez e Ponce. Tamén xogaron: Rubén Pedrós, Jorge López, Xurxo, Mario e Diego Filgueira.

NUMANCIA: Kike, Marcelo, Antón, Berto, Juan, Elías, Julio, Iván Pivo, Dani Espi, Carlos Vázquez e Chapu. Tamén xogaron: Alex Pita, Rubén, Óscar e Amenedo.

COLEXIADO: D. Édgar Fraga Villares. Amonestou a Xurxo e Rubén Toimil nos locais. No Numancia foron amonestados Julio, Óscar e Rubén.

CRÓNICA:

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2018-2019. Galicia de Mugardos, 0 - Numancia de Ares, 3Nunha fermosa tarde de "veroño", cun campo impecable e fenomenal ambiente, saltaban os xogadores de Mugardos e de Ares ao terreo de xogo. Logo duns primeiros minutos de respeto e tanteo entre ambos equipos, chegaba a primeira ocasión do partido. Chapu erraba diante do porteiro unha boa triangulación do Numancia. Respostaba o Mugardos cunha falta directa de Marcos que marchaba bastante alta. Co paso dos minutos, os nosos fixéronse co dominio do partido e control do xogo. Desta forma, Espiñeira facía unha gran xogada por banda, asistía a éste e o disparo de Chapu o rexeitaba un xogador local a córner. Avisaban os de Miguel Carballeira, e no minuto 25, Carlos Vázquez aproveitaba un gran pase de Elías para facerlle unha vaselina a Alex Yañez na súa saída e anotar o 0-1. Pouco despois, no 34 nunha xogada por banda esquerda, Juan Escudero centraba o balón a área mugardesa, Alex Yañez non acertaba a coller o balón e un Dani Espiñeira moi atento na presión recollía o agasallo e facía o 0-2 para o noso equipo. Pintaban ben as cousas para o Numncia, incluso Chapu poido anotar antes do descanso nun balón ao que non chegoaba por moi pouco. Dominio dos aresáns na primeira metade e vitoria por 0-2 no intermedio do partido.

Na segunda metade comezaron mellor os mugardeses. No minuto 55, Juan sacaba un balón na línea de gol cando os da Pedreira cantaban ó gol. Os nosos nesta segunda metade limitáronse a defender ben a vantaxe na primeira metade, mentras Carballeira e Jose Antón daban moitos minutos ao xogadores de refresco. Os mugardeses gozaban de mais posesión, pero sin amplitude nin profundidade, gracias ao bo traballo defensivo dos numantinos. No minuto 75, Rubén roubaba o esférico nunha saída de balón dos locais e quedábase so diante de Alex Yañez, o cal superaba cun balón axustado ao pau dereito da portería local. 0-3 e partido finiquitado, xa que o último cuarto de hora do mesmo non tivo moita historia que contar.

En resumo, gran primeira parte do Numancia nun campo que convidaba a iso, a xogar ben o fútbol. Partido serio e práctico en líneas xerais dos nosos, que serviu para gañar un derbi sempre especial e para dar un paso de xigante de cara a clasificación para o grupo forte da Segunda Galicia. Un grupo onde agardamos poder estar, e onde agardamos poder encontrarnos co Galicia de Mugardos "B". Da gusto xogar estos derbis, coa grada chea. E bo para as dúas entidades, e mais cando o deste sábado xogouse cunha gran deportividade e bo ambiente tanto no terreo de xogo como nas bancadas. ¡¡¡Por moitos derbis así¡¡¡

Dende o clube queremos agradecer a toda a Marea Vermella presente no campo de A Pedreira. Foron moitos os seguidores do Numancia, como non podía ser doutra maneira, os que estiveron o sábado no campo mugardés. Moita presencia de xogadores e familiares dos equipos do fútbol base do clube. Iso e sempre positivo.... Facendo Numancia, facendo pobo.

Resultados e clasificación da xornada

Ficha do Encontro

Galería Fotográfica

Na vindeira fin de semana, o Numacia correspóndelle xornada de descanso por calendario, debido a que o seu grupo e impar (11 equipos)

XUNTOS SOMOS MELLORES

AUPA NUMANCIA

 

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.