MEIRÁS CF 0 - ADR NUMANCIA DE ARES 0

ADR Numancia de AresUN PUNTO VALIOSO NA VISITA A UN BO RIVAL

O noso primeiro equipo visitou este domingo o histórico Misael Prieto para xogar ante un dos equipos chamados a loitar por todo esta temporada, o Meirás CF. Nun campo de herba natural en bo estado, ambos equipos ofreceron un partido moi disputado aos espectadores de ambos bandos presentes no encontro.

Meirás, 16 de Setembro do 2018

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores para este partido:

NUMANCIA: Kike, Marcelo, Berto, Vicente, Óscar, Martín, Julio,  Carlos, Espiñeira, Alex Pita e Rubén. Tamén xogaron: Carlos Arnoso, Chapu, Iván Pivo, Amenedo e Juan.

CRÓNICA

ADR Numancia de Ares. SEGUNDA GALICIA (GRUPO 3º A - 1ª FASE-FERROL)    Jornada 3 .  Meirás, 0 - Numancia, 0. Misael Prieto,Na primeira metade, empezou forte o Meirás, realizando o noso porteiro Kike varias paradas de mérito. Lamentar a lesión no minuto 12 de partido do xogador local, David Breijo que nunha xogada fortuíta co noso xogador, Vicente, levou un golpe na cabeza e tras ser sustituido, tivo que abandonar as instalacións do Misael Prieto. Dende o Numancia queremos desexarlle a David Breijo unha pronta recuperación. A última fase de primeira parte tivo como principal protagonista ao centrocampismo, polo que os xogadores marcharon aos vestiarios co resultado inicial.

Na segunda metade chegou no minuto 50 a expulsión do noso porteiro Kike, tras evitar tocando o balón coa man fora da área unha ocasión manifiesta de gol. Carlos Arnoso entrou por Julio e o Numancia tivo que xogar prácticamente toda a segunda parte cun home menos. Os locais non aproveitaron ben esa circunstancia, e apenas crearon perigo sobre a nosa portería. Por contra, os numantinos tiveron dous achegamentos en sendos saques de esquina.  Sen novidades nin incidencias foron pasando os minutos, chegándose ao final do encontro co mesmo resultado co que comezou.  Empate a cero goles no Misael Prieto.

En definitiva, podemos dicir que o Numancia pasou con boa nota esta primeira proba esixente da temporada. Logo das vitorias ante Cabañas e Rosalía, este punto na visita a Meirás deixa bo sabor de boca, e mais dadas as circunstancias que se deron no partido. Sete puntos de nove posibles para ir asentándose nos seis primeiros postos que dan acceso ao grupo principal da categoría.

A próximo domingo a partir das 17:30 o Numancia recibirá ao Mandiá CF en Prados Vellos.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.