X. CABAÑAS 1 - NUMANCIA DE ARES 4
UN POKER DE GOLES DE IVÁN "PIVO" DA OS TRES PRIMEIROS PUNTOS DA TEMPORADA OS NOSOS MODESTOS
Tarde asfixiante de calor no campo de A Veiga de Cabañas, para o inicio do Campionato da Segunda Galicia de Ferrolterra no seu grupo "A". Xuventude de Cabañas e Numancia medían as suas forzas nun terreo de xogo moi seco, ante un bo número de aficionados de ambos equipos, repartidos entre o sol e a sombra.
Domingo , 2 de Setembro de 2018
Miguel Carballeira e Jose Antón contaron cos seguintes xogadores neste primeiro partido de Liga en Cabañas:
NUMANCIA: Kike, Marcelo, Amenedo, Berto, Pablo Ferro, Fran Ripas, Elías, Pivo, Joaquín, Espiñeira e Rubén Allegue. Tamén xogaron: Julio, Carlos Vázquez, Martín e Vicente.
CRÓNICA:
Mal inicio do partido dun Numancia impreciso, sen moitas ideas para superar o entramado defensivo dos locais. O Cabañas creaba perigo aproveitando as imprecisións do Numancia na saída do balón. No minuto 13, o dianteiro local Javi Yovannis facía o 1-0. Os nosos pouco a pouco conseguían achegarse a portería local, gracias as incursións de Pablo Ferro por banda esquerda. Espiñeira e Rubén non conseguían acertar nos últimos metros. Dominaba o balón o Numancia, pero os de A Veiga avisaban tamén de cando en vez con balons longos ao seu dianteiro Javi Yovannis, que ben poido conseguir algún gol mais nesta primeira metade.
Na segunda parte, melloraron as cousas para os nosos intereses. Pivo conseguía o 1-1 no minuto 54 cabeceando un gran centro de Espiñeira. Ese gol deu serenidade ao Numancia, que axudado pola entrada dos homes de refresco, pasou a dominar claramente a un equipo rival mermado físicamente. No minuto 75 era Martín o que lle servía un bo centro a Pivo para que este, novamente de cabeza establecera o 1-2. No tramo final, os locais tiveron algunha ocasión a balón parado, tendo tamén os nosos algunha opción de ampliar o marcador ao contraataque. Nas postrimerías do encontro, Iván "Pivo" conseguía o seu poker particular. No 92 aproveitaba un erro do porteiro local para facer o 1-3, e no minuto 94 cazaba un balón solto na área para establecer o definitivo 1-4 no marcador do campo de A Veiga.
En definitiva, partido que non foi nada doado de sacar adiante, e que serviu para darse conta que de haberá que deixarse a pel en todos os desprazamentos esta temporada. Haberá que adaptarse a campos pequenos e tamén os de herba natural. Os rivais non regalarán nada nos seus feudos, polo que a intensidade, concentración e boa actitude semellan que terán que ser innegociables nesta nova aventura pola Segunda Galicia. Como non pode ser douta maneira, toca felicitar ao equipo por esta primeira vitoria e dar as gracias a afición numantina que se desprazou ata Cabañas nunha moi calurosa tarde de domingo
Acceso á acta abreviada do encontro na web de fugal.es
Acceso ós resultados da xornada e clasificación na web de futgal.es
Acceso á galería fotográfica do encontro
O próximo domingo ás 18:00 en Prados Vellos teremos a primeira ocasión de facer de Prados Vellos un fortín, visita o noso campo o CD Rosalía de Vilaboa.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡