MIGUEL CARBALLEIRA DIRIXIRÁ AO NUMANCIA 2018-2019
MIGUEL CARBALLEIRA E JOSÉ ANTÓN ADESTRARÁN AO PRIMEIRO EQUIPO DO NUMANCIA, POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO
O próximo xoves 2 de Agosto as 20:30 terá lugar en Prados Vellos a presentación do primeiro equipo do Numancia. Comandarán a nave por segundo ano consecutivo, Miguel Carballeira e José Antón, que buscarán darlle continuidade ao traballo feito na pasada temporada, na que o noso equipo foi quinto no primeiro grupo da Segunda Galicia e chegou ata as semifinais da Copa da Ría.
Para esta nova temporada, os adestradores contarán de inicio con todos os xogadores que finalizaron a pasada temporada, estando algúns deles, como é lóxico e habitual no fútbol aficionado, pendentes de poder comptibilizar as suas obrigas académicas e laborais co fúbol; para desa maneira poder garantir o máximo compromiso e rendemento durante todo o ano. A maiores de todas as caras coñecidas da pasada temporada, comezarán a pretemporada co equipo outros rapaces de Ares, ou ben formados na nosa canteira, tamén moi coñecidos e queridos pola Marea Vermella. A medida que avance a pretemporada, quedará establecido de maneira definitiva o plantel do Numancia de Ares de modestos 2018 - 2019.
Os partidos de pretemporada confirmados a día de hoxe, son os seguintes:
CULTURAL MANIÑOS "B" - NUMANCIA DE ARES (xoves 9 de Agosto, ás 20:30 en O Pote)
NUMANCIA DE ARES - GALICIA DE MUGARDOS (domingo 12 de Agosto, ás 19:00 en Prados Vellos) - TROFEO FESTAS DE SAN ROQUE 2018
NUMANCIA DE ARES - CULTURAL MANIÑOS (domingo 19 de Agosto, ás 19:00 en Prados Vellos) - TROFEO CONCELLO DE ARES 2018