Crónica. Semifinal de Copa. Numancia, 0 - G. Mugardos, 3

NINGUÉN CAE DERROTADO CANDO FAI SOÑAR A UN POBO

Partido correspondiente a semifinal da Copa da Ría, disputado nun campo de Prados Vellos que rexistrou a sua mellor entrada dos últimos anos. Mais de 500 espectadores de ambos equipos seguiron este derbi no campo municipal aresán.

 

 



FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Arnoso, Emi Maga, Teti, Vicente, Óscar, Elías, Julio, Pivo, Espiñeira, Alex Pita e Chapu. Tamén xogaron: Juan, Fran Ripas, Ángel, Amenedo e Carlos.

Adestrador: Miguel Carballeira

Delegado: José  Antón

G. MUGARDOS: Ángel, Bruno, Dani, Adrián, Abel, Jorge Nano, Eric, Dani Ramos, Hugo, David Amado e Alex Saracho. Tamén xogaron: Moi, Diego Chis, Dieguito, Josiño e Alex Yañez.

Adestrador: Jose Luís Fontao

Delegado: Colás Fernández

COLEXIADOS:
D. Víctor García Villaverde, asistido por D. Juan Carlos Blanco García e D. Rubén Díaz López. Non amosou cartóns.

RESUMO:

ADR Numancia de Ares. Semifinal Copa de Aficionados delegación de Ferrol 2018. Numancia de Ares, 0 - Galicia de Mugardos, 3. Prados Vellos AresMoita expectación provocou este derbi histórico entre Numancia e Galicia. Non era para menos, o Numancia volvía a unha semifinal de Copa tres temporadas despois, e nada mais e nada menos que ante o club veciño de Galicia de Mugardos, a partido único. Con presencia da Policia Local, de representantes político dos dous concellos e co delegado da RFGF en Ferrol, Manolo Mesa nas bancadas, comezaba o partido.

No minuto dous do encontro, xarro de auga fría para a parroquia numantina. David Amado facía o 0-1 para os visitantes. Co paso dos minutos, o Numancia empurrado pola afición conseguía entrar no partido e achegarse a portería mugardesa. Pero no minuto 27, novamente David Amado facía o 0-2. ¡¡¡·Si se puede, si se puede¡¡¡....", escoitábase dende a bancada. Pero realmente era moi difícil. A experiencia e calidade dos visitantes, unido a un maior ritmo de xogo desarbolaban aos nosos que nunca baixaron os brazos. Pouco antes do descanso, Dani Ramos facía o 0-3 que mataba ó partido.

ADR Numancia de Ares. Semifinal Copa de Aficionados delegación de Ferrol 2018. Numancia de Ares, 0 - Galicia de Mugardos, 3. Prados Vellos AresNa segunda metade, os dous adestradores pronto fixeron moitos cambios, para que todos os seus xogadores poideran participar nesta festa da semifinal da Copa. Houbo achegamentos as áreas polas dúas partes, aínda que sen ocasións claras. Resaltar que nos últimos minutos, Juan fallaba un penalti. Finalizaba pouco a pouco un derbi cheo de deportividade no campo, axudado tamén pola gran arbitraxe de Víctor García que pasou desapercibido e cun cordialidade e bo ambiente entre as afeccións nas bancadas e nos arredores do terreo de xogo. Un derbi desigual, entre dous clubs con distintas filosofías no se que refire o seu primeiro equipo. As dúas moi válidas e respetables. O Numancia, con xente de Ares ou ben formada na canteira de Prados Vellos e o Galicia de Mugardos, con xogadores de toda a bisbarra de sobra contrastados no fútbol de modestos, moitos deles con experiencia en categorías superiores. Cousas do fútbol. Dende o Numancia, felicitamos ao Galicia de Mugados e desexámoslle moita sorte na final de Copa que xogarán o próximo sábado as 19:00 ante o AD Miño no campo de fútbol de A Gándara de Ferrol.

ADR Numancia de Ares. Semifinal Copa de Aficionados delegación de Ferrol 2018. Numancia de Ares, 0 - Galicia de Mugardos, 3. Prados Vellos AresPara o Numancia, fin dunha temporada onde rematamos quintos na Liga e chegamos a semifinais de Copa. Un ano no que seguimos vendo crecer aos nosos xogadores mais xóvenes. Pouco a pouco. Sabemos, como eles mesmos din, que a cousa aínda ten moito marxe de mellora. Iso esperamos, e si non e así pois non pasa nada. Son os nosos xogadores, os nosos veciños. Si, esos nenos que íamos a ver xogar cando eran alevíns, infantís ou cadetes. O neto de Arnoso, o fillo de Magariños, o fillo de Diyún, os rapaces dos Ripas... Xente do pobo. Ou o noso Chapugol e tamén o infatigable Amenedo, de pobos veciños pero que co tempo que levan aquí están preto de ser fillos adoptivos de Ares. Por iso o titular desta especie de resumo de fin de temporada. "Ninguén cae derrotado cando fai soñar a todo un pobo". E queremos que nos sigan facendo soñar. E se as cousas saen mal non pasará nada, son os nosos, querémolos e todo quedará en familia.

Felices vacaccións e sempre, pero agora mais que nunca:

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

#goreds

Galería de imaxes do encontro pulsando neste enlace.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.