Inicio Noticias Afeccionados Afeccionados: Meirás, 2 - Numancia, 1
 
 

Afeccionados: Meirás, 2 - Numancia, 1

S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2009-2010. Liga. Misael Prieto, Meirás, Valdoviño. Meirás, 2 - Numancia, 1O Numancia desaproveitou as súas oportunidades e rematou perdendo.

Cumpriuse a regra non escrita de que o que non aproveita as suas ocasións remata por caer derrotado. E foi como máis doe, no último minuto, cando os locais acadaron o gol do triunfo.

 

 

Misael Prieto - Meirás

20/09/09

Encontro da 3ª xornada da 2ª Autonómica entre o Meirás e a S.D.R.Numancia de Ares. Con víctoria final por 2-1 para os locais, ó descaso chegouse con ventaxa visitante de 0 a 1.

Xogaron de saída polo Numancia: Sergio, Bule, Alex García, Vicente, Fernando, Borja, Teti, Zeta, Julio, Pedrito y Manu. ö longo do encontro entraron Javi, Rubén, Pedro y Jose.

O encontro comenzou con algunha chegada dos locais pola banda esquerda sen demasiado perigro e tiros aillados. A medida que foi pasando o tempo os visitantes foronse metendo no partido e empezaron a presionar a saída do balón. Grazas a esa presión o Numancia ten diversas ocasións de gol que non materializa. Os locais teñesn atrancos para sair co balón controlado dende o seu campo porla abafante presión dos homes máis adiantados do Numancia, Julio, Pedro e Manu. Presión que continuaba na liña medular con Borja, Zeta e Teti. Todo o despregue aresán case consegue recompensa no minuto 25 cando Pedrito no área regatea ó seu marcador pero envía o balón ás mans do porteiro local. Cinco minutos despois, (30 ') unha falta en tres cuartos de campo e sacada por Borja e Manu no punto de penalti toca co a cabeza para desviar a traxectoria do coiro e levalo á rede establecendo o 0-1. Ata o descanso seguiu o bo xogo dos numantinos e foronse a caseta coa ventaxe no marcador.
 

Na segunda metade o equipo visitante cede terreo pero aguanta ben en defensa e ten saídas á contra que poñen en apretos ós locais.Os 10 minutos da reanudación Pedrito colle un balón o medio campo e encara ó seu marcador, o regatea e prantase frente o gardamenta, tenta ó remate pero está moi escorado e o coiro e atallado polo porteiro. A ocasión máis clara para pechar o encontro viria grazas a un penalti rigoroso sinalado a favor do Numancia. O executa Borja pero o balón e detido polo porteiro do Meirás.

A raiz do penalti errado, os locais collen folgos e os visitantes se afunden un pouco.  Grazas o empuxe local chega o empate no minuto 35,  á saída dun corner donde o rexeite da defensa aresana e aproveitado por un xogador local,  que colga o balón ó segundo pau para que un compañeiro  o  empurre ó fondo da rede. 

Os vinte minutos finais foron eternos para os visitantes, estos afundironse por completo e só pedrito cun tiro frouxo ás máns do porteiro puxo algo de tensión nos locais. Cando no minuto 45 parecía que o empate non sería mal resultado, Jose saca unha falta lateral  favorable ó Numancia e o Meirás aproveita a xogada para montar unha contra na que os dianteiros locais, mediante paredes, e pode que en dubidosa posición, prantanse diante de Sergio e o baten por baixo.

O final os puntos quedaron na casa dos de Valdoviño e os de Ares viron como pagaron con a súa derrota o non saber aproveitar as súas oportunidades.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.