AFECCIONADOS: NUMANCIA, 0 - EUME, 1

CERCA DA SORPRESA EN PRADOS VELLOS

Varias ocasións de gol non materializadas polo Numancia nos últimos minutos do partido permiten que o Eume conquiste o XXX trofeo “Concello de Ares”.

 

Ares, 22 de agosto de 2017.

ADR Numancia de Ares. XXX Trofeo Concello de Ares. Numancia, 0 - Eume, 1. Prados Vellos 2017.Nunha das tardes máis calorosas deste verán, Prados Vellos acolleu a disputa do XXX trofeo “Concello de Ares” entre o Eume de Primeira Autonómica e o Numancia. Ao final do partido, a concelleira de deportes do concello de Ares, Alma Barrón Ferro entregou os trofeos en disputa.

ALIÑACIÓNS:

NUMANCIA: Cristian; Emi, Alberto, Vicente, Oscar; Fran, Elías, Dani; Carlos, Angel e Pita. Na segunda metade entraron Amenedo, Martín, Julio e Juan.

Adestrador: Miguel Carballeira.

Delegado: José Antón.

 

EUME: Angel; Samu, Colo, Berto, Javo, Canosa, Josete, Martín, Pío, Pocho e Rama. Ao longo do partido foron entrando Busta, Chema, Josiño, Fran, Dani e Jaime.

Adestrador: José Ángel Domingo (Barral)

2º adestrador: Manuel López.

Delegado: Luís Pena.

 

GOL: Aos quince minutos, e tras un lanzamento de córner, o balón chega ao segundo poste onde Canosa non ten máis que empuxalo.

 

COMENTARIO: Saíu con moito respecto o Numancia sabéndose inferior ante un Eume moi serio que quería ter o control do partido e a posesión da pelota. As armas a empregar tiñan que ser o traballo defensivo e un sacrificio total nos xogadores locais se querían contrarrestar a superioridade visitante. E o guión foise cumprindo nos dous equipos. Só un despiste na defensa local ao non defender acertadamente un córner orixinou o único gol do partido.

Na segunda parte, cando podiamos contar cun baixón físico nos xogadores do Numancia, sorprendeunos positivamente a boa condición do equipo, de feito que pasaron a disputar o control do xogo e mesmo crearon varias ocasións de gol que puideron igualar o marcador. O empate estivo moi preto e quizás fixese xustiza aos merecementos dun Numancia máis traballado.

ADR Numancia de Ares. XXX Trofeo Concello de Ares. Numancia, 0 - Eume, 1. Prados Vellos 2017.  ADR Numancia de Ares. XXX Trofeo Concello de Ares. Numancia, 0 - Eume, 1. Prados Vellos 2017.

 

ADR Numancia de Ares. XXX Trofeo Concello de Ares. Numancia, 0 - Eume, 1. Prados Vellos 2017.  ADR Numancia de Ares. XXX Trofeo Concello de Ares. Numancia, 0 - Eume, 1. Prados Vellos 2017.

Esta vindeira fin de semana espéranos o trofeo triangular do Requeixo na Capela onde nos enfrontaremos ao Miño e ao equipo local.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.