PREVIA DO XXX TROFEO "CONCELLO DE ARES"

O EUME 2017-18 CON  BARRAL E SETE FICHAXES 

No trofeo do Concello de Ares, este domingo ás 18.00 h. en Prados Vellos o Numancia encontrará un Eume de 1ª Autonómica reforzado.

Ares, 19 de agosto de 2017.

Dez xogadores novos no plantel (sete fichaxes máis tres xuvenís) adestrados por Barral, técnico novo na casa, fan deste Eume un equipo potente e ilusionante de cara á temporada que vai comezar.

Agradecemos ao seu coordinar Juancho a información facilitada que resumimos a continuación:

10 ALTAS:

Ángel (Ordes), Samuel (Miño) Fran (Sada), Jato (Estrella), Pocho (Caranza), Martín (Maniños), Josito (Maniños), e os xuvenís Chema, Josete e Marcos.

3 BAIXAS:

Mario David (retírase coma xogador e pasa a ser o adestrador dos xuvenis), Gordillo (retírase), Fermín (Valdoviño).

O plantel queda configurado con estes xogadores:

Porteiros: Angel, Gabeiras e Jaime.

Defensa: Pío, Samuel, Rama, Fran e Colo.

Medios: Pablo, Javo, Chema, Marcos, Jato, Fran, Emilio, Josiño, Martín e Pocho.

Dianteiros: Busta, Canosa, Joshua e Josete.

O cadro técnico está integrado por Barral coma primeiro adestrador; Manel, segundo adestrador; Brage, adestrador de porteiros; e Lucho coma delegado.

Nesta pretemporada debemos destacar o seu excelente papel durante as eliminatorias da Copa da Deputación, eliminando ao Boimorto e a todo un Somozas. Caería pola mínima ante un Victoria coruñés que se postula coma un dos favoritos ao ascenso a Preferente.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.