PREVIA DO TROFEO "FESTAS DE SAN ROQUE"

CONTINUIDADE COA BASE NO NUMANCIA

O Numancia de afeccionados seguirá presentando un equipo formado por xogadores da base.
Ares, 11 de agosto de 2017.
Miguel Carballeira e José Antón terán que traballar cun equipo moi xove, dándolle continuidade ao da temporada anterior e sumando dous aresáns que regresan: Cristian (sen ficha) e Vicente (Maniños) xunto con catro xuvenís que se incorporan á categoría: Emi, Óscar, Fran e Carlos.
O plantel aínda non está pechado á espera de confirmarse algunhas situacións persoais que condicionan o compromiso de varios xogadores. De momento, as fichas tramitadas son estas:
Porteiros: Cristian e Arnoso.
Defensas: Amenedo, Juan, Óscar, Alberto, Emi e Vicente.
Medios: Fran, Martín, Julio, Elías e Iván.
Dianteiros: Carlos, Espiñeira, Pita e Ángel.
Este domingo terán a primeira proba cun equipo de categoría superior coma é o Galicia de Mugardos á que chegan con poucas sesións de adestramento. Non obstante, temos que aprender a considerar cal é o obxectivo en cada momento e agora sabemos que toca preparase para a competición de Liga. Tamén recoñecemos que o rival sempre motiva máis, así que estamos seguros de que o domingo sairán a ofrecer unha boa imaxe.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.