PREVIA DO TROFEO "FESTAS DE SAN ROQUE"
EQUIPO NOVO NO GALICIA DE MUGARDOS: 14 FICHAXES.
O seu coordinador deportivo facilitounos a relación de altas no Galicia para esta temporada na que sairán co claro obxectivo do ascenso.
Ares, 11 de agosto de 2017.
Manel Bonome, coordinador deportivo do Galicia de Mugardos, entregounos a relación dos xogadores que, a día de hoxe, xa están comprometidos coa entidade. O seu adestrador, José Luís Fontao pode contar cun equipo prácticamente novo, pois xa son 14 altas con respecto á temporada anterior. Só continúan 3 xogadores e tamén se incorporan 2 xuvenís. Sen dúbida, un equipo formado para conseguir o ascenso de categoría.
Esta é a relación do plantel do Galicia de Mugardos:
Porteiros: Toni (Caranza) e Álex Yáñez (xuvenís).
Defensas: Bruno (Eume), Abel (Val), Termi (Val), Alberto (Ordes), Coro, Adrián Martínez e Adrián Vázquez.
Medios: Dieguito (Val), Erik (Val), Jorge Nano (Viveiro), Cuquejo (Arenteiro), Dani Ramos (Miño), Moi (R. Ferrol xuvenil) e Josiño (xuvenís).
Dianteiros: David Amado (Val), Koki (Val) e Álex Saracho (Miño).