Afeccionados. Numancia, 3 - Narahío, 0

S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2009-2010. Numancia 3 - Narahío 0Víctoria con goles de Manu, Javi e Vicente para seguir na cabeza da taboa.

 

Prados Vellos 13/09/09

No encontro disputado na tarde do domingo en Prados Vellos correspondente a segunda xornada de liga en 2ª Autonómica, o equipo local do Numancia de Ares venceu por 3 tantos a 0 ó Narahío. No descanso o resultado parcial era de empate a cero. Debutou o xuvenil Jorge.

Xogaron de saída polo Numancia: Iván, Costa, Bule,Vicente, Jauma, Garcia, Teti, Zeta, Ortega, Julio y Pedrito. Durante o encontro tamén entraron en xogo:  Pedro, Javi, Manu e Jorge.
 
A primeira parte non tivo moita calidade, o xogo foi directo en exceso por ambas partes ten so temos que suliñar un par de ocasión por ambos bandos. Ó remate dos primeiros 45 minutos o resultado seguía sendo o inicial de empate a cero.

Os cambios realizados no descanso, Javi e Manu entraron no equipo local, deron outro aire ó Numancia que comenzou a xogar ó fútbol e a presionar ó rival. Froito de esta melloría no xogo foi o primeiro gol, acadado no minuto 55, no que Costa mete un balón en longo a Pedrito polo banda, este recurta ó seu marcador e pon un centro medido no área que Manu chegando dende atrás pon mediante unha bolea na escadra visitante (1-0).

O gol deu tranquilidade os locais e fixo abrir liñas ó Narahío. Esta nova situación do xogo permitiu  ós numantino ter máis ocasións de gol. Así nunha xogada que nace  pola banda dereita o balón chega a Costa que case que desde medio campo pon un balón ás costas da defensa visitante para que Javi, de cabeza, poña o 2-0 no marcador.

Poucos minutos despois do segundo gol chegaría o terceiro e definitivo nunha falta no lateral do área sacada por Pedrito e que o porteiro do Narahío e quen de atallar, o balón chega a pes de Vicente que únicamente ten que empurrar ó fondo da rede e poñer así o 3-0 final.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.