Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. ORTIGUEIRA, 3 - NUMANCIA, 1
 
 

AFECCIONADOS. ORTIGUEIRA, 3 - NUMANCIA, 1

MARCOS AMOR: “QUEN PERDOA, ACABA PAGANDO”

Derrota en Morouzos que deixa a clasificación do Numancia nunha situación complicada, fóra das posicións de acceso ao primeiro grupo da segunda fase da liga.

Ares, 11 de outubro de 2016.

O domingo, 9 de outubro, viaxouse á vila do Ortegal e disputouse no campo de Morouzos a sexta xornada da 1ª fase da Segunda Galicia, grupo A de Ferrol. O Numancia visitaba ao Ortigueira, líder do grupo.

Máis alá da perda do partido, temos que lamentar as lesións de dous xogadores aresáns, ambas de certa consideración. Se Elías tivo que abandonar o campo aos trinta minutos, menos tempo durou Paulo cando entrou preto do remate do partido. E nos dous casos as lesións están localizadas no xeonllo. Agardamos que teñan unha boa e pronta recuperación.

O adestrador local, Marcos Amor, enviábanos este comentario do partido:

ADR Numancia de Ares.  Aficionados 2016-2017. 1ª Fase Liga. Morouzos. 09/10/2016 Ortigueira, 3 - Numancia, 1.“Partido contra un líder que baixo a miña opinión non mereceu ganar os tres puntos que había en xogo. O partido empezaba cun Numancia ben colocado no campo e un Ortigueira que tiña o balón pero sen ideas nin fútbol que creara perigo á portería de Carlos .

No min. 2 nun balón que pilla Roi sobre o medio campo e nunha gran condución e un tiro raso e forte ao primeiro pau  poñía o 1-0. 

O Ortigueira seguía sen ideas e pouco fútbol de feito o Numancia fixo un dos  mellores partidos tanto en ataque tanto como defensivamente. No min 45 Julio marraba unha ocasión clara na que o Numancia se puido pór 0-2, de forma xusta e merecida, pero  no min. 48 da primeira parte, cando o arbitro avisara de 2 min. de prolongación e nun córner sacado ao primeiro pau, despois dun remate e un pase atrás dun xogador do Ortigueira facía o inxusto empate. 

A segunda parte levaba o mesmo guión. No min. 56 Álex Pita tería un man a man para facer o 1-2 pero nun saque de banda no min. 59 colgado sobre a area  e peiteado ao segundo pau onde ganaba a posición a defensa facía o 2-1. O Numancia tentaría igualar o partido botándose totalmente ao ataque e nunha contra no min. 83 fixo o Ortigueira o 3-1.

Quen perdoa, acaba pagando”

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.