PRESENTACIÓN DO II TROFEO FESTAS DE SAN ROQUE
A comisión das festas de San Roque, representada por Luís Fuentes, fixo onte a presentación da 2ª edición do trofeo de fútbol que se disputará este domingo, 14 de agosto, ás 19.00 no campo de Prados Vellos.
Ares, 11 de agosto de 2016.
A este acto, celebrado no local da Floristería Real de Ares, acudiron xogadores do Galicia de Mugardos e do Numancia, os dous equipos que disputarán este torneo.
Polo Galicia de Mugardos estiveron os dous xogadores formados na canteira do Numancia, Álex Permuy e Quique Fernández, hoxe convertidos en xogadores clave do equipo verde.
E o Numancia estivo representado por Julio Escudero, referencia do xogo e “veterano” do equipo aresán; máis Iván Fernández, un dos mellores expoñentes da canteira numantina.
Vaise consolidando este trofeo estival que reunirá a dous equipos que, por estar en categorías diferentes, non teñen moitas ocasións de enfrontarse e reeditar partidos de rivalidade. Sen dúbida, unha excelente ocasión para subir o domingo pola tarde a Prados Vellos e observar o nivel da canteira aresá.