Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS:NUMANCIA - CABANAS (PRETEMPORADA)
 
 

AFECCIONADOS:NUMANCIA - CABANAS (PRETEMPORADA)

COMEZA A TEMPORADA 2016/17 DE FÚTBOL EN PRADOS VELLOS

Despois dunha semana de adestramento, o Numancia de afeccionados afronta a súa primeira proba ante o Xuventude de Cabanas. Este partido celebrarase este luns, 8 de agosto, ás 20.30 h. no campo de Prados Vellos.

 

Ares, 6 de agosto de 2016.

Marcos Amor, adestrador por terceira temporada do equipo aresán, terá á súa disposición a boa parte do cadro de xogadores modestos que formarán o equipo para esta temporada 2016-17. Tamén contará con varios xogadores xuvenís que estiveron adestrando durante estes días co primeiro equipo.

E xa podemos adiantar os partidos previstos para esta pretemporada. A falta dalgún outro compromiso que poida presentarse, estes son os amigables para o mes de agosto:

Domingo, 14 de agosto: II Torneo “Festas de San Roque”  entre o G. Mugardos (Preferente) e o Numancia.

Domingo, 21 de agosto: XIX Torneo “Concello de Ares” entre o Numancia e o Eume (Primeira Galicia).

Domingo, 28 de agosto: O Numancia desprázase á Capela para disputar o trofeo do “Requeixo”, con formato de triangular. Os outros dous equipos serán o Ensanche e A Capela.

 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.