Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 7 – ESTRELLA, 2.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 7 – ESTRELLA, 2.

ESTREA CON VITORIA

Partido correspondente a 7ª xornada de liga (1ª fase) 2ª autonómica, grupo A, disputado na tarde do pasado domingo 18 de outubro, ás 16:30 h, no campo municipal de Prados Vellos (Ares) e que rematou con vitoria local. Ao descanso o resultado era de 2 – 0.
 

Antes do partido, e previo a dar comezo á sesión de quecemento, o capitán Teti, en representación do primeiro equipo, facía entrega dun balón asinado por todolos xogadores a Aida Feal unha das afeccionadas incondicionais e quen recentemente sufría un escordadura de nocello. Agasallo que a rapaza recibía moi emocionada. Ánimo Aida.

Tamén quen recibía un balón de mans de Teti, asinado por todos os seus compañeiros, era o dianteiro Chapu, como recordo do seu hat-trick da pasada xornada fronte ao San Sadurniño.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Carlos (Cristian 55´), Martín (Álvaro 59´), Pepe (Amenedo 55´), Adrián, Paulo, Teti (C), Manu (Alex Pita 55´), Joaquín, Edu, Chapu (Julio 55´) e Roi.

Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

ESTRELLA: Bruno Martínez, Fernando (Juan 46´), Rubén, Berto (Pirulo 46´), Javi Foces, Samu, Uce, Moncho, Bruno Mouriz, Charla e Iñaki. Tamén xogaron Popi e Kevin.

Adestrador: Jesús Manuel Vázquez Cubeiro.

Delegado: Alberto Pena Novo.

ARBITRO: Cristian Santos González. Mostrou cartón amarelo o local Chapu. Polos visitantes virono Samu, Bruno Mouriz, Rubén e Bruno Martínez. Resultou expulsado por dobre cartón amarelo Javi Foces.

GOLES:

1 - 0: CHAPU (min. 27), balón ao oco de Edu para Chapu quen gaña as costas dos defensas para definir ante Bruno.

2 - 0: CHAPU (min. 40), saque de esquina e remate de cabeza de Chapu ao fondo da rede.

3 - 0: EDU (min. 47), centro pasado de Joaquín para Chapu quen encara a meta visitante, éste en lugar de disparar abría o balón á banda contraria para a entrada de Edu que marcaba a pracer.

4 - 0: EDU (min. 53), combinación na frontal do área do tridente Teti - Chapu - Edu, con disparo final deste último para bater a Bruno por abaixo.

4 - 1: IÑAKI (min. 56), falta colgada ao área que remataba Iñaki ao fondo da rede.

5 - 1: ALEX PITA (min. 69), cambio de xogo de banda a banda de Roi para Alex Pita quen baixa o balón, alcanza a liña de fondo, regatea a un contrario e conduce para abrirse cara ao centro, dispara, o balón bota diante do porteiro, dá no pau e entra na portería.

5 - 2: BRUNO MOURIZ (min. 79), pase en longo de Juan para Bruno quen remata dentro do área.

6 - 2: JULIO (min. 82), pase en longo de Edu para Julio quen se queda só ante Bruno para definir de disparo raso.

7 - 2: ROI (min. 87), de penalti.
Numancia de Ares - Hotel Villa de Ares - A Casa Nova.
Na tarde do domingo saltaba ao céspede de Prados Vellos o equipo de modestos cunha nova equipación. A nova indumentaria foi aportada por Manolo, Alex e John, propietarios dos locais de hostelería “Hotel Restaurante Vila de Ares” e “Restaurante-Vinoteca A Casa Nova”. Desde aquí queremos manifestar o noso agradecimiento público a estes hosteleiros aresáns pola sua inestimable colaboración co Numancia de Ares.

E que mellor recoñecemento ao estreo que dedicarlles unha gran vitoria, e esa foi a que conseguiron os modestos de Ares ante o Estrella de Santa Cecilia cun contundente resultado final de 7 a 2.

Comezaba o partido cuns primeiros minutos de tenteo e ritmo lento, pero aos poucos os de Ares foron tomando a iniciativa e achegándose ao área do Estrella. Unha primeira ocasión de Manu a centro de Adrián era sacada por un defensor cando o balón ía para a portería. Respondían os visitantes cun contragolpe rápido de Bruno que se quedaba só ante Carlos pero remataba fóra.

Entrado o partido xa en minutos a maquinaria aresana comezaba a meter ritmo ao xogo e as ocasións empezaron a sucederse. Chapu poñía un balón en profundidade para Edu quen en pugna con Fernando e Rubén entretíñase demasiado, finalmente este último evitaba o remate do dianteiro aresano no último suspiro. Pouco despois intercambiábanse os papeis e era Edu o que poñía un balón a oco para Chapu quen gañaba as costas dos defensas para definir ante Bruno e marcar o primeiro gol local á media hora de xogo.

Trataba o Estrella de contragolpear poñendo balóns en longo pero ou ben a defensa ou o porteiro interceptaban as xogadas visitantes.

No minuto 32 Edu arrincaba en xogada persoal por banda ata alcanzar o lateral do área para poñer un centro chut ao que non chegaba Roi por moi pouco. Puido empatar o Estrella tras unha perda de balón dos de Ares en campo propio que saía despexado cara ao área local, o balón quedaba rifado entre Bruno e Carlos quen finalmente facíase co esférico tirándose aos pés do dianteiro para arrebatarllo.

No minuto 40 libre directo que executaba Chapu e gran parada de Bruno enviando a córner. Deste saque de esquina que remataba Chapu de cabeza chegaría o segundo tanto local. Dous minutos máis tarde o Estrella quedábase cun xogador menos pola expulsión de Javi Foces. Sen tempo para máis marchábamos ao descanso cun marcador de 2 - 0.

Nada máis arrincar a segunda metade e nun xesto de xenerosidade, Chapu, servía en bandexa o balón para que Edu marcase a pracer e poñer o 3 - 0. Volvía ter outra oportunidade Chapu nun disparo desde a semiluna do área que detiña Bruno en dous tempos.

No minuto 53, unha perfecta combinación na semiluna do área visitante entre Teti, Chapu e Edu, finalizaba cun disparo deste último para subir o cuarto ao marcador local. Pese ao varapau do marcador o Estrella inténtouno, e nun remate de Iñaki en xogada a balón parado reducían as diferenzas.

Continuou o Numancia levando o control do xogo durante a práctica totalidade do partido mentres que os visitantes trataban de aproveitar as súas opcións en xogadas a balón parado.

Transcorridos vintecinco minutos, cambio de xogo de Roi para Alex Pita que anotaba o quinto tanto aresano. Tratou Inaki de reducir diferenzas de lanzamento directo pero Cristian respondeu cunha boa parada. Quen sí o conseguiu foi Bruno a pase de Juan para definir diante de Cristian e poñer o 5 - 2.

No tramo final do partido e cun Estrella totalmente desbordado chegarían dous novos tantos locais, o primeiro de Julio logo dun gran pase de Edu, e o segundo de Roi, quen logo dunha boa xogada persoal era obxecto dun penalti que él mesmo transformaba. Puideron ser algúns máis si Julio ou Alex Pita estivesen máis afortunados nos seus respectivos remates que detivo o porteiro Bruno, polo que o resultado quedouse no coñecido 7 - 2.

O próximo fin de semana os modestos do Numancia xogarán no estadio Manuel Candocia fronte o líder do grupo, a U.D Somozas “B”.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.