AFECCIONADOS. SAN SADURNIÑO, 2 – NUMANCIA, 3.

VITORIA SUFRIDA

Partido correspondente a 6ª xornada de liga (1ª fase) 2ª autonómica, grupo A, disputado na tarde do pasado domingo 11 de outubro, ás 17:30 h, no campo municipal da Piscina (San Sadurniño) e que rematou con vitoria visitante. Ao descanso o resultado era de 0 – 2.


FICHA TECNICA

SAN SADURNIÑO: Julián, Bichu (Fran 63´), Carlos, Parru (Adrián 63´), Charli (Yeray 50´), Oscar, Javi, Alejandro (Martín 55´), David, Marco (C) (Manu 63´) e Felipe.

Adestrador: Jesús Fajardo Pardo.

Delegado: Marcial Hermida Barro.

NUMANCIA: Carlos, Martín (Álvaro 86´), Pepe, Adrián, Antón, Teti (C), Allex Pita (Manu 60´), Joaquín (Paulo 74´), Edu (Julio 44´), Chapu e Roi.

Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

ARBITRO: Eduardo Pereira Dobarro. Mostrou cartón amarelo os locais Parru, Oscar, Felipe e Martín. Polos visitantes vironna Antón e Martín. Resultou expulsado o adestrador local.

GOLES:

0 - 1: CHAPU (min. 20), internada pola esquerda de Roi ata a área pequena sorteando aos contrarios, pase atrás para Chapu quen remata raso ao fondo da rede.

0 - 2: CHAPU (min. 35), de penalti.

1 - 2: DAVID (min. 64), balón en longo para David quen só ante a saída de Carlos pícalla por arriba.

2 - 2: OSCAR (min. 74), de penalti.

2 - 3: CHAPU (min. 89), centro ao área que Teti abre á dereita para Julio, éste dribla a un defensor e pon un centro pasado ao segundo pau que Chapu arroxándose en plancha remata ao fondo da rede.

Na tarde do pasado domingo visitaba as instalacións do recentemente estreado campo de herba artificial da Piscina o Numancia de Ares para disputar ante o San Sadurniño a 6ª xornada de liga na súa primeira fase.

Comezaba o partido cuns primeiros minutos de tanteo nos que ningún dos equipos tomaba a iniciativa. Aos poucos os de Ares foron gañándose a posesión do balón e no minuto quince chegaba a primeira ocasión clara logo dunha cabalgada de Roi pola esquerda con pase entre os defensas que Chapu remataba abaixo e Julián tocaba para enviar a córner. Pouco despois Roi sacaba de banda para Chapu, éste poñía en longo para Edu quen disparaba por enrriba do longueiro. Alex Pita tampouco tiña fortuna nun balón picado que detiña Julián.

Eran os mellores momentos dun Numancia que tiña entre as cordas ao Sansa, e o gol non tardaría en chegar. Viría precedido dunha xogada de forza e velocidade por banda de Roi que se internaba ata a área pequena e daba un pase atrás para a entrada de Chapu que marcaba o 0 – 1. Ao saque do centro trataba de sorprender Felipe cun disparo afastado que marchaba por enrriba da portería numantina na primeira aproximación de certo peligro local ao área visitante. Intentábao tamén Oscar a lanzamento de libre directo con idéntico resultado.

Pasada a media hora de xogo Alex Pita era derribado dentro do área, decretando o árbitro a pena máxima que era transformada por Chapu no 0 – 2.

No último tramo do primeiro periodo, incomprensiblemente os de Ares perderon a posesión e o control no medio campo sucumbindo ante o empuxe do equipo local. O Sansa mostraba as súas armas con balóns en longo e cazaban ata en tres ocasiones aos de Ares que deixaban a Carlos nun man a man cos dianteiros, dispoñendo éstes de tres clarísimas ocasións para darlle a volta ao marcador. Alejandro logo de regatear a Carlos e a porta baleira cruzaba en exceso. Charli ante a oposición de Carlos tamén enviaba o balón fóra. E a pouco do final novamente Chaly volvía a ser incapaz de definir ante Carlos. Afortunadamente para os intereses visitantes ningunha das tres claras ocasións locais fructificarían o que lles permitía irse ao descaso cunha vantaxe de 0 - 2.

Comezaba o segundo tempo cun libre directo de Julio desde o pico do área e que a punto estaba de sorprender a Julián. Os minutos ían pasando e era o Sansa o que mellor se adaptaba ao partido comezando a xerar perigo ante un Numancia ao que lle custaba manter a posesión do balón. Con xogo directo e aproveitando a máis mínima ocasión de poñer un balón en longo, os visitantes xeraron as súas mellores ocasións.

No minuto 65, unha perda de balón visitante propiciaba un pase en longo para Fran que o picaba ante Carlos pero quédaselle curto. Non perdoaba pouco despois David quen en xogada similar á anterior si acertaba entre os tres paus para poñer o 1 - 2. Puideron manter a diferenza os de Ares na xogada seguinte logo dun centro de Roi que controlaba Chapu de costas á portería, remataba de reviravolta, pero Julián respondía cunha gran parada.

O gol deu ás a un Sansa que se veu arriba e que creu máis si cabe na posible remontada, poñendo o segundo pilar da mesma dez minutos despois ao transformar Oscar un penalti que igualaba o choque.

Ningún dos dous equipos deu o empate por bo e vivíronse uns últimos quince minutos frenéticos e de certo descontrol e precipitación por parte dos dous equipos ao tratar de chegar ás áreas respetivas o máis rápido posible.

No minuto 37, o capitán numantino era derribado no área, pero Eduardo Pereira non o entendeu así, sendo a xogada moi protestada.

No minuto 43, o árbitro anulaba un gol aos de Ares por suposta man de Antón no control do balón. E na xogada seguinte, Chapu arroxándose en plancha a un balón case raso marcabase un Hat-Trick que ao cabo daba a vitoria ao equipo aresán.

Pero aínda houbo que sufrir, posto que os dez minutos engadidos polo colexiado ainda deron para algunhas ocasións locais que afortunadamente non fructificaron polo que os tres puntos viaxaron para Ares.

Ou próximo fin de semana os modestos do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita do CF Estrella de Santa Cecilia.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.