Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS: NUMANCIA, 4 – A CAPELA, 2.
 
 

AFECCIONADOS: NUMANCIA, 4 – A CAPELA, 2.

VITORIA BALSÁMICA

Partido correspondente á 5ª xornada de liga (1ª fase) de 2ª autonómica no seu grupo “A” disputado na tarde do domingo 4 de outubro, ás 16:30 h. no campo de Prados Vellos entre o Numancia e A Capela, e que rematou con vitoria local. Ao descanso o resultado era 2 – 1.


Antes de comezar o partido, o representante da adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra, Alejandro Pérez fixo entrega do premio a Chapu como xogador máis regular do Numancia no mes de setembro.

Posteriormente gardouse un minuto de silencio en recordo de D. Ramón Fornos, directivo da SD Rápido de Neda falecido recentemente. Descanse en paz.

Ares, 4 de outubro de 2015.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Carlos, Adrián, Pepe (Álvaro 85´), Martín (Amenedo 76´), Antón, Teti (C), Manu (Roi 73´), Joaquín, Edu, Julio e Alex Pita (Chapu 67´).

Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

A CAPELA: Otero, Alberto, Noel (C), Rafa, Miguel (Sergi Roberto 20´) (Marcos 81´), Tinin, Raúl, Diego (Mauro 46´), Santi (Viñas 54´), Telmo e Carlos (Gito 54´).

Delegado: Juan Pita Serantes.

ARBITRO: Iván García Rey. Amosou cartón amarelo aos locais Antón e Chapu.

GOLES:

0 - 1: SANTI (min. 5), de libre directo.

1 - 1: EDU (min. 14), balón pelexado por Joaquín no círculo central, condución ata a frontal e pase entre os defensas para Edu que remata se semivolea.

2 - 1: ALEX PITA (min. 46), Joaquín facíase cun balón no círculo central, abría á esquerda para Manu, este poñía un centro ao segundo pau para Alex Pita quen controlaba, regateaba a un defensor e disparaba, o balón tocaba en Noel e entraba na portería visitante.

3 - 1: EDU (min. 71), saque de esquina que rexeita o porteiro, o balón chega a Edu e marca.

3 - 2: GITO (min. 73), rápida contra pola dereita que finalizada Gito en boca de gol.

4 - 2: JOAQUIN (min. 84), apertura de Roi a dereita para Edu, centro deste á área que remata Joaquín ao fondo da mallas.

Na tarde do pasado domingo visitaba as instalacións de Prados Vellos a SD A Capela para enfrontarse ao Numancia. Dous equipos que necesitaban a vitoria para non quedar rezagados na parte baixa da clasificación. Os de Ares viñan de conseguir, dous empates e unha derrota nas tres últimas xornadas, mentres que o Capela obtivo un empate, unha derrota e unha vitoria.

Comezaba o partido cun Capela que aos dous minutos xa tiña a súa primeira ocasión cun balón pasado ao segundo pau que remataba Carlos e rexeitaba a defensa local. Aos cinco minutos lanzamento de falta próximo á frontal de Santi para adiantar aos verdibrancos. Aos poucos foise desperezando o Numancia e ao cuarto de hora Edu empataba cunha disparo de volea ante a que nada puido facer Otero. Co gol os de Ares viñeronse arriba facéndose donos do balón durante algúns minutos pero sen chegar a crear perigo. Trataba o Capela de reaccionar á contra e a punto estivo de logralo no min. 35, cando Carlos alcanzaba co balón controlado a área pequena pero finalmente o seu disparo petaba en Antón e Julio afastaba o perigo. Repetía este mesmo xogador cinco minutos despois cun balón en longo que lle poñía Telmo, en velocidade íase de Adrián, para disparar desde a frontal, pero Carlos rexeitaba o seu disparo, finalmente Antón afastaba o perigo. Cando parecía que nos iamos ao descanso co empate, Alex Pita a pase de Manu marcaba para os de Ares. Esta xogada daba paso ao asubío do intermedio cun marcador de 2 - 1.

Bo arranque do Numancia na segunda parte que avisaba cun disparo bombeado de Julio, ao ver ao porteiro adiantado, pero o balón caía sobre parte superior da portería. Aos cinco minutos Edu desaproveita un penalti ao estrelar o balón na base do pau. Reaccionaba o Capela cun disparo de Raúl que marchaba pegado á escuadra.

Despois dalgúns minutos de certa tranquilidade volvían os de Ares á carga cun libre directo de Julio á escuadra que sacaba Otero nunha gran parada. Repetía Julio pouco despois pero o seu disparo frouxo detíñao Otero sen problemas. Chegaba a ocasión para Edu nun man a man con Otero, ao que superaba pero o balón en dirección á portería sacabao un defensa. Quenda para Chapu a remate de cabeza á saída dun córner que se ía fóra. Case de inmediato, apertura de Chapu á esquerda para Joaquín pero o disparo cruzado deste daba en Rafa e marchaba a córner. Da saída deste córner Edu aproveitaríase dun rexeite para marcar o terceiro e merecido tanto aresano. Puido chegar outro para os locais, pero o disparo de Julio ao primeiro pau rexeitábao Otero a córner.

Despois de moitos minutos nos que o Capela non se deixara ver pola área aresana, e co Numancia envorcado no campo rival, os visitantes cazaban os de Ares cun balón en longo a Gito quen recurtaba o marcador para poñer o 3 - 2.

O gol foi un pequeno xarro de auga fría para os intereses aresanos que despois das grandes ocasións das que dispuxeran vían como o Capela recortáballes a diferenza. Pero pronto retomarían a situación os locais e dez minutos despois de encaixar o gol, Edu poñía un centro á área que remata Joaquín ao fondo da mallas para establecer o 4 – 2.

Antes do final puideron aumentar a diferenza os de Ares cun precioso remate de media chilena de Chapu, pero o balón daba nun defensa e marchaba pola liña de fondo. Esta xogada prácticamente deu paso ao asubío final co resultado coñecido de Numancia 4 - A Capela 2.

Na próxima xornada o Numancia xogará a domicilio co San Sadurniño, un equipo que ao igual que os de Ares atópase situado na parte media da táboa.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.




 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.