AFECCIONADOS: NUMANCIA, 1 – G. CARANZA, 1.

POUCA AMBICION

Partido correspondente á segunda xornada de liga na súa primeira fase disputado na tarde de domingo en Prados Vellos ante numeroso público e que rematou en empate. Ao descanso o resultado era de 1 - 0.
 

Ares, 13 de setembro de 2015.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Carlos, Martín, Pepe, Alberto, Antón, Teti (C), Alex Pita (Fernando 82´), Julio (Joaquín 58´), Edu, Chapu (Adrián 79´) e Roi (Paulo 73´).

Adestrador: Marcos Antonio Amor Roel.

2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

G. CARANZA: Víctor, Brayan, Adrián, Priegue, Sergio, Pedro (Brais 61´), Alejandro (Daza 61´), Aitor, Jorge, Aarón e Martín.

Adestrador: Ángel Porto García.

Delegado: Emilio Fernández Esteban.

ARBITRO: Alejandro Méndez Bouza. Amosoulle cartón amarelo a Alex Pita, Edu, Joaquín e Fernando polos locais. Polos visitantes vírono Pedro, Martín e Aarón.

GOLES:

1 - 0: CHAPU (min. 41), falta desde o lateral dereito que executa Alex Pita, un defensa visitante peina cara atrás e Chapu no segundo pau remata de cabeza ao fondo da rede.

1 - 1: SERGIO (min. 87), falta colgada á área que despois de varios rexeites e remates consegue enviar Sergio ao fondo da rede.

Comezaba o partido cun Numancia que tomaba a iniciativa no xogo e avisaba cun disparo cruzado de Alex Pita desde a esquerda que rexeitaba o porteiro e ao que non chegaba Edu por moi pouco, ésta sería a xogada máis perigosa dos de Ares nos primeiros minutos. Pero os locais irían perdendo esta iniciativa a medida que avanzaba o partido en detrimento de un Caranza que se ía vindo arriba. Un centro de Aitor desde a dereita era rematado por Jorge, pero Carlos detiña en dous tempos, era o primeiro aviso dos visitantes. Aarón tentábao de lonxe pero o disparo íase alto. Tamén o tentaba Julio para os de Ares, pero con idéntico resultado. Segundo intento do visitantes pero o disparo de Priegue marchaba polo lateral. Varias faltas colgadas á área por parte do Caranza tampouco atoparon os tres paus. A catro minutos do final unha falta executada por Alex Pita atopaba a cabeza de Chapu e éste adiantaba aos de Ares. Con este resultado de 1 - 0 marchábamos ao descanso.

Segunda metade co mesmo guión. Avisaban primeiro os locais cun disparo de Edu que rexeitaba o porteiro, do rexeite aproveitábase Chapu pero o balón estrelábase na defensa. Os de Ares aos poucos foron recuando, cedendo terreo ao Caranza, e as ocasións visitantes non tardaron en chegar. Primeiro avisaba Jorge cun disparo desde a dereita que saía cruzado. Varios minutos despois era Adrián, só no segundo pau, o que remataba de cabeza un centro desde a dereita, tocaba Carlos, o balón estrelábase no traveseiro e sacaba Martín da área. Despois de moitos minutos sin pisar a área visitante reaccionaba os de Ares por medio de Chapu, pero o seu disparo abaixo era detido por Víctor. A dez minutos do final nova ocasión para os de Ares, gran centro de Edu desde a dereita, Fernando tirábase en plancha pero non acertaba a cabecear o balón. A pouco do final, unha falta á área onde se producían varios remates e rexeites, finalmente aproveitabase Sergio e conseguía marcar o gol que daba o empate ao seu equipo.

En resumo partido bastante aburrido no que puidemos ver a un Numancia pouco ambicioso e excesivamente defensivo que conseguiu salvar un punto ante un Caranza algo máis traballador pero pouco acertado. Empate xusto.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

  


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.