AFECCIONADOS (Pretemporada): NUMANCIA, 4 - ORILLAMAR, 3

MARCOS AMOR: “PARTIDO DE RITMO ALTO”

 

Segundo partido de pretemporada para os modestos do Numancia  no que a produtividade goleadora segue a ser alta, e nesta ocasión, diante dun rival de Primeira Autonómica.
Ares, 14 de agosto de 2015
FICHA TECNICA

NUMANCIA: Carlos, Amenedo, Pepe, Paulo, Antón, Teti (C), Roi, Adrián, Edu, Joaquin, e Fernando. Tamén interviron no encontró Chapu, Cristián, Borja, Marcelo, Martín Pérez, Pedrós, Alex Pita e Martín Bouza.

Adestrador: Marcos Antonio Amor Roel.

2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

ORILLAMAR: Estevez, Castro, Kevin, Joseba, Adrián, Dani, Tojo, Andrés, Baña, Pastur e Jano. Tamén interviron no encontró Diego, Pablo, Alberto, Abel e Jaime.

Adestrador: Ramón Rodríguez Garcia.

Delegado: Jaime Paz.

COLEXIADO: Miguel Piñón López. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: PAULO (min. 36), saque de esquina de Roi que remata de cabeza Paulo no segundo pau.

2 - 0: EDU (min. 42), balón de Teti ás costas da defensa local para a entrada de Edu quen supera por arriba a saída do porteiro.

2 - 1: ADRIAN (pp) (min. 46), centro dos visitantes á área, o balón dá no peito de Adrián e cóase en propia meta.

3 - 1: DIEGO (pp) (min. 59), centro chut de Borja que toca en Diego desviando o balón a propia porta.

3 - 2: TOJO (min. 67), balón pelexado polos visitantes na semilúa da área, apertura á esquerda para Tojo que marca de disparo a media altura.

4 - 2: CHAPU (min. 71), disparo de Borja que rexeita a defensa local, o balón chega a Chapu que marca de volea.

4 - 3: BAÑA (min. 83), centro ao punto de penalti que remata Baña sen oposición.

Onte asistimos en Prados Vellos a un partido de adestramento entre o equipo local e o Orillamar coruñés, asiduo visitante de Ares na época estival.
Podemos valorar este partido coma unha ocasión máis para dar minutos aos xogadores e que vaian collendo o ritmo de competición. O máis destacable deste partido diante dun rival de Primeira Autonómica foron os goles. Paulo e Edu na primeira parte e Chapu na segunda metade foron os goleadores locais. Quizás os coruñeses tiveron máis control de balón aínda que sen crear grandes ocasións de gol, pero este partido serviu para obrigar aos aresáns a contrarrestar o poderío físico dos rivais, esixíndolles un maior desgaste que os levou a un cansazo final grande, recoñecido polos propios xogadores.
 
Neste partido debutaron no Numancia xogadores coma Roi (G. Caranza) e Edu.
 
O adestrador local, Marcos Amor, valorou así este encontro:
 
“O partido foi o que se esperaba: un partido de ritmo alto xa que o  equipo rival leva xa bastante tempo adestrando pois xogaron a Copa Deputación. Partido con dúas partes bastantes diferentes xa que na primeira parte os dous equipo non tiñan a posesión de balón pero si houbo unha efectividade moi boa. Na segunda parte a posesión do balón pasou máis a mans do Orillamar e con iso empezaron a vir as ocasión e os goles. En resumo, partido serio de todos os xogadores e moi bo traballo, que ao fin é do que se tratan os partidos de pretempada. Minutos nas pernas para unha liga moi complicada”.
 
 
Numancia de Ares. Modestos 2015-2016.Numancia de Ares. Equipo do Orillamar modestos 2015-2016.
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.