Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 – ROSALIA, 0.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 – ROSALIA, 0.

A OITAVOS DE FINAL; PORQUE O NUMANCIA SOMOS TOD@S

Partido de volta da Fase Previa da Copa Delegación de Ferrol disputado na tarde do domingo nun campo de Prados Vellos que rexistrou unha boa afluencia de seguidores de ambos equipos. O resultado no partido de ida fora de 1 - 1. No tempo de descanso do partido de onte o resultado era de 1 - 0 favorable ao Numancia.
 

Ares 10 de maio de 2015.

Antes de comezar o encontro, os planteis dos equipos de modestos e biberóns do Numancia sairon ao campo collidos da man e sacaron unha fotografía conxunta sumándose a mesma os xogadores xuvenís que participaron nesta temporada co primeiro equipo, cunha pancarta que rezaba: "¡¡¡Ánimo Marcos, o Numancia somos tod@s¡¡¡ como mostra de apoio ao adestrador de ambas categorías Marcos Amor que sufría un percance nunha man a pasada semana. Asímesmo os capitáns de ambos equipos do Numancia agasallaban a Marcos cun balón cada un asinado por todos os xogadores de modestos e de biberóns.

Nos prolégomenos do encontro, o defensa do Numancia Martín Bouza recibia o premio ao xogador mais regular do Numancia na Liga de Segunda Autonómica 2014-2015 de mans do representante das Bodegas Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra, Alejandro Pérez. ¡¡¡¡Noraboa Martín¡¡¡ e grazas a Manel, Alejandro e as Bodegas Murillo Viteri por colaborar co Numancia unha temporada mais.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Martín, Berto, Pepe (Paulo 61´), Teti (C), Adrián (Jesús 86´), Julio (Pedrós 68´), Manu, Alex Pita (Fernando 64´) e Chapu.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Cartelle Permuy.

Delegado: Josée Ramón Hermida Varela.

ROSALÍA: Tino, Alan, Alberto (C), Adrián, Mesi, Felipe, Jose, Carlos, Iván, David (Figu 65´) e Alex (Samuel 59´).

Delegado: José Antonio Castro Casal

COLEXIADO: D. Eduardo Pereira Dobarro. Amoestou a Pepe, Berto, Jesús e Pedrós no Numancia e a Mesi no Rosalía.

GOLES:

1 - 0 (JULIO) Gran pase de Chapu dende o medio do campo a Julio por enriba da defensa e bonita finalización de Julio cunha vaselina por enriba do porteiro do Rosalía, Tino (minuto 9).
 

 



CRÓNICA:

Co resultado do 1 - 1 da ida moi presente e cuns prolegómenos emotivos e bonitos comezaba o encontro entre Numancia e Rosalía nunha fermosa, soleada e calurosa tarde de privamera en Prados Vellos.

Saía mais metido no partido o Rosalía, colgando balóns e facendo traballar ao gardarredes local Carlos, que evitaba o gol dos de Vilaboa nunha boa intervención. Espertou o Numancia e no minuto 9 chegaba o 1 - 0 por parte de Julio aproveitando unha gran asistencia de Chapu. O Rosalía seguía buscando o fútbol directo e o Numancia respondía cun disparo de Manu que marchaba alto. Ambos equipos repartíanse o dominio e de vez en cando as ocasións de gol. Os visitantes lanzaban alta unha falta, respondía Alex Pita cun disparo que Tino enviaba a córner. Os de Vilaboa lanzaban un balón fora e o Numantino Julio gozaba da mellor ocasión do Numancia na primeira metade. Despois dunha triangulación do Numancia, Julio estrellaba o balón contra o porteiro en boca de gol. Antes do descanso avisaba a balón parado o Rosalía cunha falta que Carlos atallaba en dous tempos e novamente Julio podía sentenciar a eliminatoria pero Tino salvaba unha acción de un contra un cunha gran parada. Con mímina ventaxa do Numancia e moita emoción chegabamos ao tempo de descanso.

Na segunda metade cambiaron as cousas. Os verdinegros foron en busca dun gol para empatar a eliminatoria. O Numancia cedeu terreo e os visitantes tiveron duas ocasións claras para empatar. Por sorte a falta de puntería e as boas intervencións de Carlos evitaron o empate dos de Vilaboa e certificaron a vitoria dun Numancia que defendeu o resultado ata o final con éxito. Coa ledicia local e as lamentacións visitantes chegaba o final do partido.

En resumen, o Numancia sacou adiante unha eliminatoria previa de Copa que tivo demasiadas connotacións extradeportivas que quizais afectaron en certa medida aos nosos xogadores. Por sorte, no aspecto deportivo conseguimos sair vencedores dunha eliminatoria que sen dúbida uniunos e nos fixo mais fortes a todos e a todas.

Agora toca recuperar o pulso habitual de traballo e preparar a eliminatoria de Oitavos de Final que será xa a partido único ante o campeón da Segunda Autonómica e novo equipo da Primeira Autonómica, o potente AD Miño. Os numantinos non temos medo e o próximo domingo en Prados Vellos (si a folga o permite) buscaremos derrotar ao AD Miño en Prados Vellos e conseguir a clasificación para cuartos de final onde espera o exento Narahío. ¡¡¡Pero temos que abarrotar Prados Vellos para conseguilo¡¡¡ ¡¡¡Vémonos o domingo¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

"El fútbol es lo más importante de lo menos importante" (Jorge Valdano)

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.


Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.