AFECCIONADOS. SORTEO DE COPA “DELEGACION DE FERROL”.

Na tarde de hoxe tivo lugar nas dependencias da Delegación de Fútbol de Ferrol o sorteo de copa de fútbol afeccionado "Delegación de Ferrol" temporada 2014 - 2015.

 


Ares, 23 de marzo de 2015.

Celebráronse dous sorteos. No primeiro entraron no bombo os equipos de 2ª autonómica que xogarán unha fase previa a dúas voltas. Os partidos de ida serán o 3 de maio, e os de volta o 10 de maio. Os equipos clasificados pasarán a oitavos de final.

No segundo sorteo entraron no bombo os equipos de 2ª autonómica clasificados na fase previa, aínda por coñecer, xunto cos equipos de 1ª autonómica. Disputarán os oitavos de final, a un só partido, a celebrar o 17 de maio. Nesta fase hai dous equipos, todavía por coñecer, que quedarán exentos de disputar os oitavos de final.

Os cuartos de final, a un só partido, xogaranse o 24 de maio.

As semifinais, a dúas voltas, xogaranse o 31 de maio a ida, e o 7 de xuño a volta.

A final xogarase o 14 de xuño.

Pica neste enlace para ver o cadro completo.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.