Afeccionados: Galicia de Caranza 3 - Numancia 3
No encontro disputado o pasado sábado 22 de agosto en Caranza, o equipo de afeccionados do Numancia empatou a tres tantos frente ao Galicia de Caranza.
Polo Numancia saíron inicialmente: Iván, Costa, Bule, Vicente, David; García, Julio, Javi, Manu, Borja e Pedrito. Tamén interviron ao longo do encontro: Xuster, Teti, Dani, Pedro e Rubén.
O encontro estivo entretido. Na primeira parte o Numancia domiou con claridade e tivo moitas ocasión de gol que non acabou de aproveitar. O adestrador dos aresáns, Juan Alberto, probou cun 4-3-3 qeu fixo que a dinámica de xogo fora boa. O primeriro tanto nace nunha xogada na que Alex García pasa o balón a Borja, o cal xira sobre si mesmo e mete un pase entre a defensa a Pedrito que non desaproveita a oportunidade (0-1). Pouco despois chegaría o segundo gol nun bo remate de cabeza de Alex García a un balón cerrado posto por Javi no saque dunha falta dende a esquerda (0-2). Co resultado de 0-2 chegouse ao descanso.
Na segunda metade trocaron as cousas e os numantinos saíron dormidos, esta situación foi aproveitada polo conxunto local que en 10 minutos acadou o empate. Os visitantes baixaron o nivel pero, ainda así, seguiron intentando crear oportunidades e xogar bo fútbol. Grazas a este empuxe voltaron a poñerse por diante, nesta ocasión un balón longo posto á espalda da defensa e aproveitado novamente por Pedrito que de tiro cruzado bate o meta local.
Cando parecía que o encontro finalizaría con victoria visitante, unha xogada deafortunada entre Pedro e Bule a impediría. Tras un choque entre os mencionados xogadores fai que o dianteiro do Galicia quede en solitario ante a meta de Iván e acade o empate definitivo.