Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. CEBARCA, 2 – NUMANCIA, 3.
 
 

AFECCIONADOS. CEBARCA, 2 – NUMANCIA, 3.

VETERANÍA FRONTE A XUVENTUDE.

Vitoria dos modestos do Numancia por tres goles a dous fronte o Cebarca en partido xogado na tarde do domingo no Bernardino Breijo. O encontro correspondente a 25ª xornada da 2ª autonómica no grupo 4 chegou ó descanso con empate a un.

 

A Barqueira (Cerdido), 15 de marzo de 2015.

FICHA TÉCNICA

CEBARCA: Torres, Galego (Yeray 59´), Jorge, Juan, Carlos (C) (Cristóbal 83´), Yago, Aitor (Mero 74´), Rubén (Nelson 64´), Dani, Lalo e Santi.

Delegado: Roberto González Romero.

NUMANCIA: Cristian, Martín, Antón (C), Alberto (Juan 61´), Pedros, Paulo, Manu (Marcelo 55´), Adrián (Fran 80´), Chapu, Julio e Alex Pita (Fernando 46´).

Adestrador: Marcos Antonio Amor Roel.

2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

ARBITRO: Francisco López Gómez. Amosoulle cartón amarelo aos locais Aitor, Rubén e Juan. Polo Numancia vírono Alex Pita, Pedros, Paulo e Fernando.

GOLES:

0 - 1: JULIO (min. 19), saque en longo de Cristián, Manu prolonga o balón ás costas da defensa local para a carreira de Julio quen supera por arriba a saída de Torres.

1 - 1: AITOR (min. 40), balón en longo para a carreira de Aitor que se planta en solitario fronte a Cristian para batelo por abaixo.

1 - 2: JULIO (min. 75), pase atrás na zaga local que intercepta Julio para de disparo raso dende a frontal bater a Torres.

1 - 3: CHAPU (min. 81), rexeitamento dun defensa local en tres cuartos de campo que dá nas costas dun compañeiro, do rexeitamento aprovéitase Chapu para encarar a Torres e batelo dende fóra da área cun disparo a media altura.

2 - 3: DANI (min. 90), balón en longo a banda esquerda dende onde Lalo pon un centro pasado ao segundo pau por onde entra Dani para marcar.

 

 



Tarde de domingo fria na Barqueira, como frío foi o partido nos minutos iniciais. Non sería ata o cuarto de hora cando se vería a primeira aproximación con perigo á área. A ocasión sería para os locais cando Dani consegue un balón na área e o estrela no lateral da rede. Pouco despois nova oportunidade local, nesta ocasión Lalo aprovéitase dun mal rexeitamento dos visitantes, pero o seu disparo dende o punto de penalti enviábao Cristian a córner. Da saída do córner nacería o primeiro gol visitante. Cristian consegue o balón, saca en longo para Manu quen prologa ás costas da defensa local para Julio, e éste ante a saída de Torres pícalle o balón por arriba. Pouco despois Julio volvería ter unha nova ocasión cun disparo dende o lateral dereito, pero Juan saca o balón a córner nos pés do seu porteiro.

A partir do gol o Numancia foi baixando o ritmo, o Cebarca conseguiu o centro do campo e comezou a levar a iniciativa con balóns en longo, e tratando de aproveitar as xogadas a balón parado. Dun dos balóns en longo, Aitor plantábase diante de Cristian e batíao de disparo raso para empatar o partido. Antes do descaso Chapu tiña un man a man con Torres, pero o porteiro local botábaselle enriba i evitaba o remate do dianteiro aresán. Con empate a un gol marchábamos ao descaso.

Comezaba a segunda metade pero ningún dos equipos conseguía facerse co control do xogo. Moitas interrupcións polas continuas faltas, das que o Cebarca trataba de sacar partido por medio dos seus homes altos, pero os de Ares non pasaron por excesivos apuros. Pedros tiña unha boa ocasión cun disparo dende a frontal pero o balón íase alto. No minuto 24, un centro de Fernando baixábao Chapu co peito para Julio, pero o disparo cruzado deste íase fóra por moi pouco. Non erraría o dianteiro aresán no minuto 75 tras aproveitarse dun mal pase dos defensas para bater a Torres dende a frontal e poñer o 1 -2. Cinco minutos despois un rexeitamento en tres cuartos de campo local favorece a Chapu que pon o 1 - 3. O Cebarca continuaba co seu xogo, balóns en longo, e tratar de sacar partido a balón parado. Do saque dunha falta puideron acurtar distancias os locais, pero o disparo de Lalo sacábao Antón baixo os paus.

A anécdota do partido protagonizábaa o colexiado, quen ante a sorpresa de todos pitaba o final do partido cando aínda non se cumprira o tempo regulamentario. A deportividade imperou en todo momento, e tanto locais coma visitantes fixeron ver o árbitro o seu erro, o partido continuouse sen máis contratempo. No tempo que restou ata o final chegaba o gol de Dani para o Cebarca que deixaba o resultado no 2 - 3 definitivo.

En resumo bo partido dos aresanos que afrontaban o choque con moitas baixas polo que houbo que tirar dos xuvenís. Aos habituais, Alberto e Adrián sumáronse Juan, Marcelo e o xuvenil de primeiro ano Fran Fernández, quen debutaba así na categoría. Noraboa Fran. O partido non foi nada doado ante a un rival complicado e con moita veteranía a cal se fixo patente ante a xuventude dos numantinos. Con esta vitoria o Numancia situanse na quinta praza, un punto por debaixo do cuarto clasificado, o FC Ortigueira, ainda que os de Ares cun partido menos.

O próximo fin de semana os modestos terán sesión dobre. O venres 20, ás 16:30 h xogarán en O Poboado fronte o As Pontes “B”, partido adiado correspondente a xornada do 1 de marzo. E o domingo, 22 de marzo, xogarán en A Veiga fronte o Narahío.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.