Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 – G. DE MUGARDOS, 2.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 – G. DE MUGARDOS, 2.

EMPATE NUN DERBI BONITO

Partido correspondiente a 24ª xornada da Segunda Autonómica grupo 4, disputado na tarde do domingo no campo de Prados Vellos que rexistrou unha magnífica entrada. O resultado ao descanso era de 2 - 1 favorable ao Numancia.

 

Antes do comezo do partido, os representantes da bodega Murillo Vitei, Manel Pérez e Alejandro Pérez entregaron ao dianteiro do Numancia, Chapu, o premio ao mellor xogador do noso equipo no mes de febreiro. ¡¡¡Noraboa killer¡¡¡

Ares, 8 de marzo de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos, Martín (Pepe 74´), Antón, Berto (Álvaro 67´), Rubén Pedrós (Jesús 79´), Teti (C), Adri (Cristian 34´), Julio, Manu, Alex Pita e Chapu (Paulo 69´).

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

G. DE MUGARDOS "B": Marcos, Joao Pedro, Adán (Adrián 69´), David (Alex Martínez 82´), Vicente (Fabio 79´), Juancho, Arturo, Jose Ángel (C), Xabi, Alex e Jose Manuel (Dasilva 58´)

Adestrador: David Fernández Pereira.

2º Adestrador: Jesús Sixto Gelpi.

Delegado: Leonardo García Lozano.

COLEXIADO: D. Borja Gundín Barreiro. Amoestou a David, Adrián e Leonardo (delegado) no Galicia de Mugardos "B". Expulsou a Carlos e Álvaro no Numancia.

GOLES:

1 - 0 (CHAPU) Mal pase de Adán hacia o seu porteiro. Chapu moi atento intercepta o envío e supera no un contra un o gardarredes visitante, Marcos (minuto 22).

1 - 1 (JOSE ÁNGEL) Bonito lanzamiento de libre directo de José Ángel que entra pola escuadra esquerda de Cristian (minuto 36).

2 - 1 (ALEX PITA) Disparo dunha falta escorada de Alex Pita que tras rebotar no travesaño e no gardarredes visitante entra na portería mugardesa (minuto 45).

2 - 2 (JUANCHO) Excepcional disparo de volea dente 30 metros que entra pola escuadra esquerda da portería de Cristian (minuto 62).

 



CRÓNICA:

Ambiente de gala en Prados Vellos nunha tarde primaveral de marzo onde dous dos equipos mais xóvenes da Segunda Autonómica (ambos con xogadores xuvenís no 11 titular), Numancia e o Galicia de Mugardos “B” ofreceron un precioso derbi emocionante, vibrante e moi disputado á gran cantidade de veciños de Ares e Mugardos que acudiron a disfrutar do fútbol en amor e compañía.

Comezaba o partido con chegadas dos visitantes mediante balóns colgados e cunha falta lanzada por Jose Ángel que atallaba Carlos sen maiores complicacións. Respostaba o Numancia cun pase interior de Teti que Alex Pita enviaba lixeiramente desviado. O mesmo Alex Pita acto seguido lanzaba un disparo que paraba Marcos fácilmente.

No minuto 22 chegaba o primeiro gol do encontro. O killer numantino Chapu establecía o 1 - 0 aproveritando unha falta de entendemento entre Adán e Marcos. Os numantinos seguían dominando despois do gol pero no minuto 34 chegaba a polémica a Prados Vellos coa expulsión de Carlos. O colexiado, Borja Gundín apreciaba ante a sorpresa de todos unha man de Carlos nunha saída fora da área sancionando libre directo a favor dos mugardeses e expulsión do gardarredes numantino. O libre directo foi executado maxistralmente polo capitán mugardés José Ángel para establecer o 1 - 1 no marcador.

O Numancia pese a xogar en inferioridade non acusou ó golpe e Alex Pita nunha xogada persoal a piques estivo de superar a Marcos. A insistencia de Alex tivo o seu premio xusto antes do descanso nunha falta na que Alex Pita establecería o 2 - 1 coa axuda do travesaño e do gardarredes visitante. Con este de 2-1 e coas espadas en todo ó alto chegabamos ao tempo de descanso.

Na reanudación, cando a maioría dos espectadores apuraban os refrescos e o café na cantina Manu enviaba un balón por enriba da portería de Marcos. Os mugardeses respondían rápidamente cun disparo que tamén se marchaba por enriba da portería de Cristian. No minuto 57 gran ocasión para os de Ares cun disparo de Teti ao que Marcos respondía cunha fermosa parada. No minuto 60 un bo lanzamento de Alex o atallaba Cristian cunha boa intervención. No minuto 62 chegaba o 2 - 2 obra do veterán Juancho que cunha gran volea desde 30 metros sorprendía a Cristian establecendo o empate no marcador do derbi.

Quedaban 25 minutos para o final e a emoción e a tensión iban en aumento en Prados Vellos. Ningún dos dous equipos se conformaba co empate no derbi e foron ambos en busca da vitoria. No minuto 80 os mugardeses cabeceaban un balón lixeiramente alto. E no minuto 90 nova polémica cando o colexiado anulaba a Manu o que poido ser o gol da vitoria do Numancia. Jesús remataba un balón e Manu tocaba o mesmo cando o esférico xa se introducía na portería mugardesa. Mentras uns lamentábanse de que o colexiado sinalara fora de xogo (vendo a repetición nas fotografías) e outros lamentábanse que Manu tocara un balón que iba dentro, o colexiado Borja Gundín daba por finalizado o partido sendo turno para os saudos deportivos entre xogadores e corpos técnicos de ambos equipos.

En resumo, fermoso partido de fútbol cun ambiente inmellorable en Prados Vellos. Non queda outra que felicitar a xogadores, corpos técnicos e aficionados de Numancia de Ares e Galicia de Mugardos "B" por disfrutar desta magnífica tarde de fútbol e convicencia entre veciños dunha maneira deportiva e respetuosa. ¡¡Noraboa a tod@s¡¡¡

Despois deste resultado, o Numancia baixa a 7ª posición pero recurta un punto ao 4ª clasificado, o Perlío situado 2 puntos por enriba dos numantinos, que teñen un partido menos xa que nas próximas datas teñen que visitar O Poboado para xogar o partido adiado a pasada xornada ante o CD As Pontes "B". De momento, o próximo domingo as 16:30 o Numancia visitará ao colista da categoría, a UD Cebarca no campo Bernardino Breijo de Cerdido. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡¡

O Numancia somos tod@s

"Una risa vale más que cien lamentos en cualquier mercado" (Anónimo)

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.


 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.