Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. SAN MATEO, 2 – NUMANCIA, 3.
 
 

AFECCIONADOS. SAN MATEO, 2 – NUMANCIA, 3.

VENCEDORES DA BATALLA DE TRASANCOS

Partido correspondente a 21ª xornada da Segunda Autonómica grupo 4, disputado na tarde do domingo no campo de Trasancos de San Mateo ante numerosos espectadores de ambos equipos. No descanso o resultado era de 1 - 2 favorable ao Numancia.
 


San Mateo 15 de febreiro de 2015.

FICHA TÉCNICA:

SAN MATEO: David, Julián (Diego Piñeiro 77´), Nené, Turu (C), Berto, Rubén Dopico (Jorge 46´), Javi, Pacheco, Morocho (Alfonso 67´), Josi e Bruno (Fernando 67´).

Adestrador: Juan Miguel López Mourente.

Delegado: Roberto Naveiras Díaz.

NUMANCIA: Carlos, Martín, Berto, (Álvaro 60´), Paulo, Pepe, Teti (C), Adri, Julio (Pivo 60´), Fernando, Manu (Jesús 80´) e Chapu (Alex Pita 72´).

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

COLEXIADO: D. Telmo Pérez Vázquez. Amoestou a Jorge e Nené polo San Mateo e Julio e Paulo no Numancia. Expulsou a Pacheco, Berto e Miguel Mourente (adestrador) no San Mateo e Fernando, Cristian e Marcos (adestrador) no Numancia.

GOLES:

0 - 1 (TETI) Falta lateral colgada sobre a área local. O balón chega a Teti quen o envía preto do pau dereito da portería local para adiantar ao Numancia (minuto 25).

0 - 2 (FERNANDO) Gran pase de Chapu sobre Fernando, éste controla o balón e lanza un gran disparo coa perna esquerda que entra pola escuadra dereita da portería de David. (minuto 30).

1 - 2 (JAVI) Pena máxima transformada por Javi (minuto 41).

2 - 2 (JORGE) Falta lanzada polos locais que rebota na barreira numantina, o balón queda morto por detrás desta, e Jorge adiantándose a toda a defensa visitante aproveitao para superar a Carlos (minuto 84).

2 - 3 (ALEX PITA) centro dende a esquerda cara a frontal do área para a entrada de Alex Pita quen culmina de forte disparo raso e axustado a base do pau superando a estirada de David (minuto 89).
 

 



CRÓNICA:

De todo como en botica tivo o partido entre San Mateo e Numancia disputado nunha tarde de domingo de Entroido con orballo intermitente e temperatura suave no irregular terreo de xogo de herba natural de Trasancos.

Na primeira metade, un Numancia moi ben plantado no campo deixaba sen ideas ofensivas ao San Mateo. Chapu e Julio obrigaban ao porteiro local David a facer duas boas intervencións. No minuto 25 chegaba a balón parado o 0 - 1 por mediación de Teti. Acto seguido no minuto 30, Fernando establecía o 0 - 2 cun fermoso gol. Os numantinos controlaban o partido pero no minuto 41 un riguroso penalti era aproveitado por Javi para anotar o 1 - 2, resultado que reinaba no marcador ao descanso.

Na reanudación saían forte os numantinos e Fernando non acertaba nunha xogada de un contra un co porteiro local David, que se iba pegado a base do pau. Tamén Adri quedaba en boa posición diante do porteiro nunha xogada posterior que desbarataba David. No minuto 65 chegaban as primeiras expulsións da tarde. O xogador local Pacheco e o do Numancia Fernando eran expulsados tras un rifi - rafe entre ambos. No minuto 75 poido sentenciar o Numancia nunha pena máxima na que era expulsado o xogador local Berto, quedando o conxunto do San Mateo con 9 xogadores. O defensa Martín asumía a responsabilidade do penalti pero o gardarredes local David desbiaba o lanzamento de Martín. Acusou o golpe moral o Numancia e o San Mateo foi con todo en busca do empate. No minuto 80 nunha xogada desafortunada para o Numancia, Jorge conseguía o 2 - 2. Ningún dos dous equipos parecía conformarse co empate e ata o final do partido houbo achegamentos as duas porterías. No minuto 89, Alex Pita que reaparecía tras varios meses mancado conseguía o 2 - 3 para o Numancia que provocaba unha explosión de xúbilo na parroquia numantina e tamén as expulsións do porteiro suplente numantino Cristian e a dos adestradores de ambos equipos debido a un intercambio de impresións na zona técnica. Con emoción, tensión e o que é mais importante con vitoria do Numancia terminaba o partido.

En resumo, gran partido entre dous equipos da zona alta nun escenario dos de antes. Goles, fútbol, emoción, polémica e tensión foron os ingredientes dun fermoso partido no que a Marea Vermella estivo moi presente no campo de Trasancos e na que todos os xogadores do Numancia fixeron un esforzo inconmensurable para conseguir os tres puntos.

En definitiva, triunfo importante do Numancia nun dos campos mais compricados da categoría. Esta vitoria permite ao noso equipo auparse a 5ª posición da clasificación en detrimento do San Mateo. O Perlío que é 4º atópase dous puntos por enriba dos numantinos.

O próximo domingo as 16:30 en Prados Vellos o Numancia recibe a un equipo que loita por escapar da zona media - baixa da clasificación, o CD Cariño. Un conxunto de Ortegal que nos últimos anos sempre saca algo positivo de Prados Vellos. Agardamos que o próximo domingo co apoio da Marea Vermella rompan esa racha. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

O Numancia somos tod@s

"Sólo cabe progresar cuando se piensa en grande, sólo es posible avanzar cuando se mira lejos" (José Ortega y Gasset)

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.