AFECCIONADOS: MIÑO. 2 – NUMANCIA, 1.

NOTABLE PARA Ó EQUIPO; SOBRESAINTE PARA A MAREA VERMELLA


Partido correspondiente a 17ª xornada da Segunda Autonómica grupo 4 disputado nunha tarde fría e chuviosa de domingo no campo Municipal de Gallamonde que rexistou unha gran afluencia de espectadores de ambos equipos.


Antes de dar comezo ao partido, gardouse un respetuoso minuto de silencio por D. Marcos Suárez Rosano xogador e capitán do Bemantes CF de veteranos falecido a pasada semana. D.E.P.


Miño 18 de xaneiro de 2014.


FICHA TÉCNICA:


AD MIÑO: Alex, Michi, Javi, Semi, Basoa (Miguel 85´), Pablo (C), Ramón, Moreira, Chequi, Fornos, Bruno (72´) e Saracho (Dani 88´).


Adestrador: Miguel Ángel Mahía Rodríguez.


Delegado: Jose Bouza Gómez.


NUMANCIA: Carlos, Berto (Pepe 78´), Antón, Martín (Isma 87´), Teti (C), Pedrós (Chapu (66´), Adrián, Manu (Amenedo 82´), Julio, Fer (Paulo 62´) e Borja.


Adestrador: Marcos Amor Roel.


2º Adestrador: Manuel Cartelle Permuy.


Delegado: José Ramón Hermida Varela.


COLEXIADO: D. Alejandro Méndez Bouza. Amoestou a Antón, Pedrós, Marcos (adestrador), Cartelle (2º adestrador), Manu, Paulo e Julio, todos eles no Numancia.


GOLES:


1 - 0 (MOREIRA) Centro dende banda dereita de Chequi que remata Moreira no segundo pau (minuto 33).


1 - 1 (CHAPU) Córner sacado de maneira maxistral por Julio e rematado de cabeza no punto de penalti por Chapu (minuto 81).


2 - 1 (CHEQUI) Centro colgado a área do Numancia que recolle Chequi para batir a Carlos de semi - volea (minuto 89).


CRÓNICA:


Segunda xornada da segunda volta da Segunda Autonómica para un Numancia situado na zona media - alta da táboa. Tocaba visitar ao líder destacado da categoría, o AD Miño que sufriu de maneira considerable ante o noso xoven equipo.


O partido comezaba frenético xa que no primeiro minuto Carlos evitaba a córner o cantado gol de Chequi cunha gran parada. Non se escondía o Numancia e Borja pronto respostaba cun lanzamento que se marchaba lixeiramente desviado. O campo estaba moi encharcado e o vento e a choiva arreciaban con forza nunha primeira metade na que os balóns longos sobre os dianteiros foron os protagonistas. Houbo achegamentos en ambas porterías tendo algunha ocasión os locais incluido un gol anulado. Polo Numancia tivo opción o capitán Teti de anotar pero atopouse co gardarredes local. No minuto 33 o xogador do Miño, Moreira facía o 1 - 0 que reflexaba o marcador ao descanso.


Na segunda metade os locais saíron fortes nos primeiros minutos e pecharon ao Numancia na súa área levando perigo en xogadas de estratexia. Pero os numantinos aínda tiñan moito que dicir no partido. A choiva desapareceu e o vento foi secando ó campo. Iso permitiu que o balón poidera xogarse con mais precisión e ahí o Numancia venceu a batalla. Co paso dos minutos o fútbol combinativo dos aresáns foi pechando aos locais no seu campo. A contra o Miño xerou duas boas ocasións de Moreira ás que respondeu Carlos con duas grandes paradas. Despois de varias ocasións de gol chegaba o premio para os de Ares no minuto 81 cando Chapu anotaba o 1 - 1 cun certero cabezazo. Tocaba aguantar o resultado ata o final pero no minuto 89 o gran goleador Chequi conseguía un 2 - 1 cruel e quizais inxusto para o visto na tarde deste domingo no Municipal de Gallamonde. ¡¡¡Cousas do fútbol¡¡¡


En resumo, partido onde a maior pegada do equipo local que contaba cunha tripleta de ataque formada por Alberto Fornos, Alex Saracho e Chequi, todos eles veteráns e contrastados goleadores nos últimos anos no fútbol provincial impúxose ao xogo mais vistoso e maior coraxe do Numancia. A defensa numantina estivo notable pero o equipo non poido conseguir cando menos un punto, pese a facer méritos para elo. A Marea Vermella saiu moi contenta co equipo, pois resultado aparte as sensacións do equipo foron moi boas polo que de continuar nesta línea de xogo, traballo e compromiso semella que este Numancia pode darnos moitas ledicias no futuro. Iso agarda unha Marea Vermella que na tarde deste domingo, fría, gris, con choiva e con vento.... desprazuose en masa ata Miño para animar ao Numancia. ¡¡¡Nunca falla¡¡¡ Incluso crece e supérase día tras día. ¡¡¡Toca seguir crecendo tod@s xunt@s¡¡¡ En amor e compañía. Porque así e moito máis fácil conseguir cousas positivas e disfrutar dos partidos.


Despois desta xornada o Numancia queda na 7ª posición a un punto do San Mateo e Mandiá que son 6º e 5º respectivamente. O próximo domingo visitará Prados Vellos o 11º clasificado, o CD San Sadurniño un equipo ao que de seguro os nosos xogadores teñen moitas ganas de derrotar para quitarse á espiña da cruel derrota da primeira volta. Será o domingo as 16:15 en Prados Vellos cando a Marea Vermella teña outra cita cos modestos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡


O Numancia somos tod@s


"No juzgues el día por la cosecha que has recogido, sino por las semillas que has plantado". (Robert Louis Stevenson)


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.