AFECCIONADOS. MANDIA, 2 – NUMANCIA, 1.

POUCA VISTA EN BOAVISTA


Partido correspondente a 14ª xornada da Segunda Autonómica grupo 4 disputado no serán do domingo no campo de Boavista ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Mandiá, 14 de decembro de 2014.


FICHA TÉCNICA:


MANDIÁ CF: Iván, Servando, Óscar (Moisés 78´), Iago, Aneiros, Óscar (C), Toni, Iván Bouza (Floriani 58´), Luís, Mosquera (Ángel 68´) e Cristian.


Adestrador: Jose Luís Padín Calvo.


Delegado: Julio Rivas Vázquez.


NUMANCIA: Carlos, Álvaro (Amenedo 32´), Martín (Isma 88´) Pepe (Pedros 80´), Teti (C), Paulo, Adri (Jesús 85´), Borja, Manu, Julio e Chapu (Fernando 70´).


Adestrador: Marcos Amor Roel.


2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.


Delegado: Jose Ramón Hermida Varela.


COLEXIADO: Francisco López Gómez. Amoestou a Óscar e Cristian no Mandiá. No Numancia tamén viron a tarxeta amarela Carlos, Adri, Jesús, Julio, Cartelle (2º adestrador), Isma e Paulo.


GOLES:


1 – 0: MOSQUERA (min. 4), balón á espalda da defensa numantina que recolle Mosquera en posición adiantada para batir a Carlos por abaixo na sua salida.


2 – 0: MOSQUERA (min. 11), penalti moi discutido anotado por Mosquera.


2 – 1: MANU (min. 60), gran disparo dende media distancia de Manu que entra pola escuadra dereita da portería local.


CRÓNICA:


Penúltima xornada da primeira volta onde o Numancia visitaba o irregular campo de Mandiá con baixas importantes na defensa. Era un partido compricado con moitas dificultades as que se foron sumando outras co paso dos minutos.


O Numancia saiu con pouca concentración e intensidade nos primeiros compases do encontro ao campo de Boavista. Un Mandiá mais intenso conseguía o 1 - 0 no minuto 4 aproveitando Mosquera un pase á espalda da defensa visitante. A parroquia numantina pediu un fora de xogo que parecía bastante claro, menos para o colexiado. Prácticamente sen tempo para repoñerse, un mal saque de porta de Carlos era rexeitado hacia atrás por Álvaro. O agasallo aproveitabao Luís que encaraba a Carlos pero éste sacaba o balón limpiamente ao dianteiro local. O colexiado ante a sorpresa de todos sinalaba penalti de Carlos, pena máxima que transformaba Mosquera no minuto 11 para establecer o 2 - 0. Pouca vista a do colexiado nestos primeiros minutos, e tamén pobre explicación a que lle deu ao banquillo visitante na xogada do penalti. En resumo, dous goles en contra e tres cartulinas amarelas para os visitantes foron o resultado final dos primeiros 15 minutos de xogo. Demasiado castigo para un Numancia que aínda non saltara ao campo de Boavista. O resto da primeira metade foi bastante igualada con ocasións claras para ambos equipos. Os locais aproveitaban as facilidades defensivas do Numancia e os numantinos Teti e Borja non acertaban ante a portería contraria. Pouca vista dos atacantes de ambos equipos nesta primeira metade que remataba cun inxusto resultado de 2 - 0 para o Mandiá.


Na segunda metade vimos un Numancia moito mais parecido ao da semana pasada ante o Perlío. Os nosos xogadores xa totalmente centrados en xogar ao fútbol pasaron por enriba do Mandiá. Chapu e Julio non aproveitaban as boas xogadas de ataque dos numantinos. No minuto 60 gran gol de Manu que establecía o 2 - 1. Acoso e derribo do Numancia e contraataques con perigo dos ferroláns. No último minuto saque de esquina a favor do Numancia. Todo o equipo numantino incluido o porteiro Carlos subían a rematar o saque de esquina. Varios remates e rechaces que sacaban os locais incluso na propia línea de gol. Os xogadores numantinos mais próximos á xogada pedían man dun defensor local dentro da área pero ao Sr. López Gómez volvíao a traicionar a vista e non tivo a ben sinalar a pena máxima. ¡¡¡Hoxe non era o día¡¡¡ e así remataba o partido en Mandiá.


En resumo, cortouse a boa racha do Numancia despois de seis vitorias consecutivas. Hoxe as circunstancias impediron sacar algo positivo da sempre difícil visita a Boavista. Haberá que correxir os erros da primeira metade e aproveitar e repetir a gran imaxe da segunda parte de cara aos próximos compromisos.


En definitiva, a páxina web do Numancia de Ares intenta sempre facer crónicas o mais imparciais posibles, respetando sempre a todos os protagonistas: xogadores, adestradores, colexiados, público…. Hai días que esta tarefa e fácil e outros días non e tan doada. Por sorte sempre hai bastantes fotografías para que todos xuzguen a difícil labor de todos os participantes dos partidos dende outras perspectivas. Aínda que o mellor sempre e acudir a velos a pe de campo. ¡¡¡Toca seguir¡¡¡


O próximo domingo as 16:15 último partido da primeira volta ante o Ortigueira CF en Prados Vellos. Encontro importante para manter ou mellorar esa 8ª posición na clasificación e así poder achegarse aos equipos da zona alta da Segunda Autonómica antes do parón do Nadal. ¡¡¡Marea Vermella o próximo domingo en Prados Vellos¡¡¡


O Numancia somos tod@s.


"No hay mayor causa de llanto, que no poder llorar" (Seneca)


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.


 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.