AFECCIONADOS. ESTRELLA, 1 - NUMANCIA, 2.
VITORIA DE PICO E PALA
Partido correspondente a 12ª xornada da Segunda Autonómica grupo 4 disputado no mediodía do domingo no campo de A Solaina de Santa Cecilia ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Narón 30 de novembro de 2014
FICHA TÉCNICA:
ESTRELLA CF: Víctor, Chema (Abraham 86´), Nécora, Javi Foces, Samuel (C) (Jaime 13´), Adrián (Sito 65´), Carlos, Iker, Fernando, Cristóbal e Dilan (Brais 69´).
Adestrador: Jose Niebla Piñeiro.
Delegado: Alberto Seijo Monteagudo.
NUMANCIA: Carlos, Berto, Antón, Pepe (Álvaro 75´), Teti (C), Paulo, Adri (Martín 62´), Julio (Amenedo 85´), Manu (Isma 87´), Borja e Chapu (Jesús 60´).
Adestrador: Marcos Amor Roel.
2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.
Delegado: Jose Ramón Hermida Varela.
COLEXIADO: D. Martín Zakaryan. Amoestou a Nécora, Carlos, Fernando, Cristóbal e Iker no Estrella. No Numancia foron amonestados Adri e Chapu.
GOLES:
0 - 1 (JULIO) Penalti cometido sobre Paulo que transforma Julio (minuto 53).
1 - 1 (CRISTOBAL) Balón colgado a área do Numancia que queda solto para que Cristóbal anote ante Carlos (minuto 83).
1 - 2 (JULIO) Pase de Manu por enriba da defensa a Julio que marca de vaselina ante a saída de Víctor (minuto 84).
CRÓNICA:
Visitaba o Numancia o pequeño areal de A Solaina en busca da cuarta vitoria consecutiva. Era un partido compricado nun terreo de xogo distinto aos demais da categoría. Os rapaces numantinos colleron pico e pala e co mono de traballo sacaron adiante este partido para conseguir tres puntos importantes a domicilio.
Na primeira metade o partido respondeu ao agardado. Fútbol directo e xogadas a balón parado. Intercambio de golpes e de intensidade por parte de ambos equipos. As ocasións mais claras foron para o Numancia en varias faltas colgadas que non atoparon rematador e unha preciosa triangulación entre Borja, Julio e Chapu que éste último enviaba ao longueiro da portería local. Co resultado de 0 - 0 chegábamos ao intermedio.
Na reanudación mais do mesmo cun Numancia dominante. No minuto 53 o colexiado asubiaba un penalti sobre Paulo que transformaba Julio no 0 - 1. Houbo varias ocasións para sentenciar ó partido pero Chapu, Manu e Borja non atopaban o premio do gol ao seu descomunal traballo en ataque. Os locais como quen non quere a cousa foron meténdose no partido a base de agresividade e fútbol directo. No minuto 83 chegaba o 1 - 1 por medio de Cristóbal. Non houbo tempo para lamentarse xa que no minuto 84 aparecía o goleador Julio para establecer o 1 - 2. Houbo que aguantar o último arreón do Estrella pero os tres puntos viaxaban para Ares xunto coa Marea Vermella.
En resumo, vitoria moi traballada e de moita cabeza do Numancia en A Solaina. Nun partido intenso polas condicións do campo e do rival os nosos xogadores souberon estar no campo. Tamén adaptáronse as condicións do partido e xogaron con moita intelixencia e sacrificio para vencer neste encontro. ¡¡¡Noraboa a todos¡¡¡ Boa nova a reaparición do killer Chapu despois de dous meses mancado. Destacar tamén o numeroso público de Ares que como sempre nunca falla e acompaña ao Numancia con frío ou calor, as doce ous as catro e media.
En definitiva gran mes de novembro para o Numancia con catro vitoria consecutivas. O equipo segue no 8º posto pero distanciouse moito da zona media - baixa da taboa estando situado no tren de equipos que persiguen á cabeza da clasificación. No mes de decembro agardan tres partidos bonitos, intensos e importantes ao noso equipo ante rivais importantes como son o Perlío (Prados Vellos), Mandía (Boavista) e Ortigueira (Prados Vellos). Chegan os exámes do primeiro trimestre para o primeiro equipo numantino. O domingo as 16:15 a Marea Vermella ten unha cita en Prados Velos para axudar ao noso equipo a derrotar ao recién descendido da Primeira Autonómica e 4º clasificado, o CCRD Perlío. Sen dúbida un bonito partido que volve tras varios anos de ausencia. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
O Numancia somos tod@s.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificacións e fichas técnicas desta xornada.