AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 – A CAPELA, 0.

¡¡¡HABEMUS VITORIA¡¡¡

Partido correspondiente a 4ª xornada da Segunda Autonómica grupo 4, disputado na tarde do domingo no campo de Prados Vellos que rexistrou unha magnífica entrada.

 


Nos prolegómenos do partido foi entregado o premio Murillo Viteri que premia ao mellor xogador mensual do Numancia a Paulo González xogador mais regular no mes de setembro. A botella de bo viño foi entregada por parte de Alejandro Pérez representante de Murillo Viteri na zona de Ferrolterra.

Ares 5 de outubro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos (C), Álvaro, Berto (Antón 18´), Pepe, Martín (Isma 87´), Paulo, Juan (Amenedo 76´), Adrián, Manu (Roque 80´), Alex Pita (Marcelo 67´) e Ángel.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

ADC A CAPELA: Jorge, Mali, Sergio, Rafa (Viñas 76´), Enrique (Alberto 76´), Santi, Mauro, Marcos, Carlos, Raúl e Adrián (Tino 70´).

COLEXIADO: D. Telmo Pérez Vázquez. Amonestou a Rafa polo A Capela. Pasou desapercibido.

GOLES:

1 - 0 (ADRIÁN) Balón colgado a área dos visitantes. Ángel remata de cabeza ao travesaño pero o rexeite e aproveitado por Adrián para rematar de cabeza ao fondo das mallas (minuto 65).

2 - 0 (MANU) Balón solto na área visitante que aproveita Manu para anotar ante Jorge (minuto 68).

 

 



CRÓNICA:

Chegou a primeira e ansiada vitoria. Tivemos que agardar a cuarta xornada de Liga, nunha preciosa tarde de outubro para que os numantinos brindaran o primeiro triunfo á moita afición que acudiu a Prados Vellos.

Na primeira metade, estivo algo mellor e mais práctico o Capela. Os visitantes mellor asentados no campo enviaban balón directos ao seu espigado dianteiro Carlos. O mesmo Carlos, e tamén Adrián e Mauro coas suas internadas por banda levaban perigo sobre a portería do gardaredes aresán. En canto ao Numancia vimos a un equipo traballador neste primeiro tempo, alentado polos cánticos dos retornados Arruxo Boys dende a bancada. Co paso do tempo a presión e os nervios foron desaparecendo e os numantinos foron mellorando. A mellor ocasións dos vermellos nesta primeira metade foi un libre directo lanzado por Adrián que desviou o veterán portero visitante Jorge. Con empate a cero tantos chegabamos ao intermedio.

Na reanudación mudou a cara do partido. O encontro abriuse e chegaron as ocasións claras. O Numancia avisaba con dous bos disparos dende media distancia de Paulo. Os verdibrancos aproveitaban os espacios e mesmo Antón tivo que empregarse a fondo para sacar un balón na línea da portería aresana. Actividade frenética nos primeiros 10 minutos da reanudación. O partido calmose un pouco ata que apareceron os goles. Adrían no minuto 65 anotaba o 1 - 0 que adiantaba aos numantinos. Manu no 68 anotaba o 2 - 0 e con el chegaba a explosión de xúbilo da parroquia numantina que soltaba toda a presión, rabia e nerviosismo acumulado nas últimas xornadas. No tramo final do partido tocou defender o marcador aínda que non se pasaron excesivos apuros. Houbo tempo tamén para o debut en competición oficial de Isma que completa a saga dos "Guerrero" xuntamente cos irmáns Teti e Jesús. Con 2 - 0, alivio, ledicia e satisfacción na parroquia numantina remataba o partido.

En resumo, bo partido o que nos ofreceron Numancia e Capela. Non tanto en canto a xogo pero si no relativo a entrega, emoción e intensidade. Un encontro onde pese a ser importantes os 3 puntos reinou a deportividade, facilitando desta maneira a sempre difícil labor do colexiado.

En definitiva, tres puntos moi importantes para os numantinos xa que desta maneira abandonan a zona baixa da clasificación para colocarse nun cómodo 9º posto. Respiramos máis tranquilos. A tranquilidade, a ilusión, o traballo, a boa cabeza e tamén porque non a sorte serán pilares fundamentales para que este xoven equipo (hoxe no 11 titular o mais veterán tiña 23 anos) mire cara arriba e afronte unha temporada con relativa tranquilidade. Material hai de sobra para seguir crecendo. Hoxe dous novos xuvenís axudaron ao equipo, o dianteiro Ángel quen fixo un gran partido e o incombustible Marcelo que aportou frescura no último tramo do mesmo.

Agora toca empezar a vaciar a enfermería (o de Berto non parece preocupante) e tamén recuperar aos sancionados (agardando que non haxa moitos mais nesta temporada). O próximo domingo toca visitar a un rival rocoso e compricado no seu campo, o Rosalía de Vilaboa no concello de Valdoviño.

¡¡¡Marea Vermella o próximo domingo en Vilaboa¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

PICA AQUI para ver os resultados da xornada e a clasificación.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.