AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 – MIÑO, 5.

DOUS MUNDOS MOI DIFERENTES

Partido correspondente a 2ª xornada da Segunda Autonómica grupo 4, disputado na tarde do domingo nun Prados Vellos que rexistrou unha magnífica entrada.

 


Ares, 21 de setembro de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Carlos (Xaime 79´), Álvaro, Martín (Darío 70´), Paulo (Fernando 64´), Alberto (Amenedo 79´), Rubén (Pepe 15´), Manu, Adrián, Borja, Julio (C), e Alex Pita.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º adestrador: Manuel Antonio CartellePermuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

MIÑO: Iván, David (Marcos 46´), Maroño, Basoa (C) (Ramos 76´), Simi, Pablo, Moreira, Ramón, Chequi (Rony 71´), Bruno (Álvaro 76´) e Fornos (Miguel 46´).

Adestrador: Miguel Mahía Rodríguez.

Delegado: José Bouza Gómez.

ARBITRO: Manuel Jesús Bejarano Estepa. Amosoulle cartón amarelo a Julio, Manu, Alberto, Borja e Pepe polo Numancia. Polo Miño viuno Fornos.

GOLES:

0 - 1: CHEQUI (min. 5), balón rexeitado na área local que chega a Chequi quen dende o pico esquerda da área e de forte disparo cruzado que dá no pau longo marca.

0 - 2: RAMON (min. 7), libre directo que colga Moreira ao corazón da área onde Ramón se eleva por enriba da defensa local e remata de cabeza ao fondo da rede.

1 - 2: JULIO (min. 30), de penalti.

1 - 3: FORNOS (min. 67), córner a favor do Miño, o balón queda morto na área, Fornos mete o pé e marca.

1 - 4: MOREIRA (min. 89), balón en longo bombeado á área local que disputan Xaime, Pepe e Moreira, este último é o que acerta a meter o pé superando o balón por alto ao defensa e porteiro locais, Darío en último instante non é capaz de evitar que o balón entre na portaría.
.

 



CRÓNICA:

Chegaba o AD Miño a Prados Vellos levantando gran expectación. Un equipo que conta con xogadores como Chequi que anotaba un bo número de goles a pasada temporada na 3ª División Galega co Dorneda ou con Alberto Fornos xogador con experiencia en Terceira División co Narón ou en Preferente co CD As Pontes e Galicia de Mugardos. Xogadores doutra categoría que elixen xogar na 2ª Autonómica de Ferrolterra. Para facer fronte a ese grupo de individualidades o Numancia co seu tradicional equipo xoven e de canteira e co fiel apoio da Marea Vermella que acudiu en masa a Prados Vellos.

Nos primeiros minutos parecía cumprirse o guión e os visitantes anotaban dous goles consecutivos. O goleador Chequi no minuto 5 e Ramón no 7 establecían o 0 - 2 no marcador. Pero lonxe de rendirse e pese a sufrir a lesión de Rubén no minuto 15, os nosos rapaces sacaron casta e orgullo numantino para intentar igualar o partido. O xogo era nivelado con centrocampismo e non moitas chegadas a portería. No minuto 30 Borja era derribado na área e o colexiado sinalaba penalti. A pena máxima era convertida por Julio para conseguir o 1 - 2 antes do descanso. Tivo Borja o 2 - 2 nunha clara ocasión antes do descanso na que tras regatear ao porteiro disparaba fora. Co 1 - 2 no marcador, impotencia nos numantinos e certo nerviosismo nos visitantes chegabamos ao descanso.

Na reanudación seguía a igualdade no xogo. O Numancia quería ó empate pero os de Miño lanzaban balóns perigosos aos seus contrastados homes de ataque. No minuto 67 Pablo anotaba o 1 - 3 nunha xogada sen aparente perigo. Cousas do fútbol ou da sorte. Intentaron os numantinos ir de novo a polo empate arriscando con tres xogadores en ataque. Non houbo sorte e Moreira nas postrimerías do encontro anotaba dous novos goles para establecer o 1 - 5 definitivo no marcador de Prados Vellos.

En resumo partido entre dous equipos con configuracións e obxetivos moi diferentes. Un AD Miño que sabe ao que xoga, que controla todos os aspectos do outro fútbol e tamén os externos (contanto con exceso de permisividade) e con moita pólvora e xogadores doutra categoría en ataque. Uns ingredientes que deben valerlles de sobra para ser o equipo a batir nesta 2ª Autonómica. Por outra banda un Numancia co orgullo da canteira cunha media de 23 anos.... Un equipo que está armándose e do que estamos seguros que co paso das xornadas e tendo algo de sorte coas lesións dará moitas ledicias e sorpresas a unha parroquia numantina que debe de ter confianza e paciencia con este equipo de XOVES ARESÁNS.

Proxíma estación, San Sadurniño. Partido importante entre dous equipos que teñen un punto e que están situados na zon media - baixa para poder coller moral e subir posicións na clasificación. Non podes faltar o próximo domingo as 17:00 no campo de A Piscina de San Sadurniño. ¡¡¡Marea vermella nos agarda alí¡¡¡ Non faltedes.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.