AFECCIONADOS (Pretemporada): NUMANCIA, 2 - MEIRÁS, 4

TERCEIRA PROBA SUPERADA

Outro rival de categoría superior serviu para ir rodando a este novo Numancia. Ao descanso chegouse con 1 – 2 no marcador.

 


Ares, 24 de agosto de 2014

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Amenedo, Antón, Pepe, Adrián, Manu, Teti (C), Borja, Julio e Fernando. Tamén xogaron: Alex Pita, Xaime, Chapu, Martín, Paulo, Roque, Alberto, Darío, Miguelito e Juan.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

MEIRAS: Bruno, Monti, Reboredo, Adrián, Julián, Manu, Turu (C), Iago, Julen, Pitu e Pachi. Tamén xogaron: Moro, Montolla e Carlos.

Adestrador: Sindo Moreira.

Delegado: Paulo Gradaille.

ARBITRO: Brais Ferreiro Verez. Expulsou a Juan do Numancia.

GOLES

0 - 1: balón ás costas da defensa local que chega a Iago, quen supera a Carlos por arriba na súa saída, (min. 20).

1 - 1: córner que bota o Numancia, logo de varios disparos e rexeites no área, finalmente Teti envía ao fondo da rede, (min. 26).

1 - 2: centro dende o pico esquerdo do área que remata sen oposición Turu no segundo pau, (min. 38).

2 - 2: pase de Manu para Borja situado no lateral do área, éste recorta a un defensor e pon un centro ao área que remata Julio de cabeza ao fondo da rede, (min. 52).

2 - 3: cesión de balón atrás de Juan que é interceptado por Pitu, éste entra no área pola banda esquerda e bate a Xaime de disparo raso na súa saída (min. 70).

2 - 4: novo erro de Juan nunha cesión atrás que é de novo interceptada por Pitu dentro do área, éste dáse media volta e só ante Xaime báteo de disparo a media altura (min. 85).

COMENTARIO: Comezou o partido con dous equipos ben posicionados no campo intentando tocar o balón, sen precipitacións e intentando boas e longas circulacións. Había intensidade, motivación e gañas de agradar á bancada. E tamén chegaron as ocasións de gol, máis para o Meirás. Vimos unha boa primeira parte de fútbol onde os visitantes aproveitaron dous erros defensivos do Numancia para adiantarse no marcador, aínda que un empate quizás fose o máis xusto. O equipo local amosou unha boa imaxe, con todos os xogadores implicados nun labor de conxunto onde primou o esforzo solidario de cada un dos rapaces exercendo unha gran presión defensiva para recuperar o control do balón ou o desmarque en ataque dando opcións de pase ao compañeiro. Obviamente, quedan aspectos por mellorar, pero todo parece indicar que están no camiño correcto.

Na segunda parte, os dous equipos deron minutos a todos os xogadores convocados co conseguinte descenso no ritmo e na intensidade do partido. Podemos afirmar que foi outro partido, un tanto máis desorganizado e caótico. Loxicamente os numerosos cambios efectuados teñen esta consecuencia. Proba disto foron os dous goles do Meirás, materializados tras dúas entregas dos xogadores locais. En todo caso, estes partidos amigables teñen este obxectivo: o de ver a todos os xogadores no campo e darlles a oportunidade de loitar por conseguir un posto no plantel. Todo isto está a conseguirse.

Despois destes tres primeiros amigables, quizás haxa que marcar unha pausa e comezar xa na toma de decisións sobre algunhas situacións, de feito que para o vindeiro sábado, o partido da Pedreira ante o G. Mugardos B, o adestrador poida ir consolidando as súas ideas.

 

Numancia - Meirás (Prados Vellos 24/08/2014)Numancia - Meirás (Prados Vellos 24/08/2014)

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.