AFECCIONADOS (Pretemporada): NUMANCIA, 0 - ORILLAMAR, 3.
UN ADESTRAMENTO MOI ESIXENTE
Partido de adestramento celebrado na tarde-noite de xoves en Prados Vellos con boa asistencia de público; destacando aos xogadores das categorías inferiores que adestraron durante a tarde no mesmo escenario.
Ares, 21 agosto de 2014.
Numancia: Xaime, Amenedo, Antón, Pepe, Martín, Teti (C), Paulo, Juan, Alex Pita, Fernando e Chapu. Tamén xogaron: Carlos, Álvaro, Alberto, Darío, Adrián, Julio, Miguelito, Roque, Manu e Borja.
Adestrador: Marcos Amor Roel.
2º Adestrador: Manuel Cartelle Permuy.
Delegado: José Ramón Hermida Varela.
SD Orillamar: Carlos, Charly, Dani, Adrián, Joseba, Alberto, Pablo, Jorge, Jose, Alex e Alejandro. Tamén xogaron: Diego, Alberto, Sheikh, Roi, David e Ángel.
Delegado: Jaime Paz "Jimmy".
Colexiado: D. Miguel Formoso Díaz. Sen incidencias.
GOLES:
0-1 (JOSE) Saque de esquina dos visitantes con remate de cabeza hacia atrás de Jose que bate a Xaime (minuto 15).
0-2 (JOSE) Balón centrado a área do Numancia no que Jose se anticipa a Xaime para cabecear ao fondo das mallas (minuto 25).
0-3 (ÁNGEL) Fermosa xogada individual de Ángel que él mesmo finaliza en gol (minuto 75).
Numancia e SD Orillamar de A Coruña disputaban este xoves un partido de adestramento en Prados Vellos para seguir preparando as suas respectivas competicións. Na primeira metade o equipo herculino foi superior en intensidade e tamén en ritmo o que lle valeu para marcharse con vitoria por 0 - 2 ao descanso.
Na reanudación igualáronse algo as forzas cun Numancia mais ofensivo que tivo opcións de gol. Os da Coruña non perderon a cara ao partido e conseguían o 0 - 3 a falta de 15 minutos.
En definitiva, unha nova proba para o equipo de Marcos Amor que neste partido repartiu os minutos entre os 21 xogadores dispoñibles; facendo prácticamente dous equipos en cada tempo. Rodaxe, traballo e partidos esixentes é o que necesita este equipo de xóvenes xogadores para seguir apuntalándose de cara ao comezo da 2ª Autonómica o 14 de setembro.
Agradecer a SD Orillamar de A Coruña a sua visita a Prados Vellos para xogar co Numancia e desexarlle moita sorte nesta temporada 2014-2015 onde competirá nunha 1ª Autonómica que comeza o 7 de setembro.
O próximo partido amigable do Numancia terá lugar este domingo 24 de agosto en plena Festa Mariñeira ante outro equipo da 1ª Autonómica, o histórico conxunto verdinegro do Meirás CF. ¡¡¡¡Non faltedes¡¡¡
O Numancia somos tod@s.
¡¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡