Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. PRESENTACIÓN DOTORNEO CONCELLO DE ARES.
 
 

AFECCIONADOS. PRESENTACIÓN DOTORNEO CONCELLO DE ARES.

DOMINGO, 14 DE AGOSTO, ÁS 18.30 H.
NUMANCIA – G. MUGARDOS
Coa presenza do alcalde aresán, d. Julio Iglesias, e o concelleiro de deportes, d. José Juan Vilar, foi presentada o pasado mércores a XXVII edición do torneo “Concello de Ares”.
Ares, 13 de agosto de 2014
A.D.R. Numancia de Ares. Presentación de la XXVII Edición del Trofeo Concello de Ares.No acto tamén estaban presentes, en representación do Numancia,  o delegado, José Ramón Hermida; o capitán, Alejandro Costa, e o directivo, Xoán Vázquez. 
Ademais, aproveitouse esta ocasión para que as peñas futbolísticas aresás realizaran a doazón das camisetas dos seus clubs, coa finalidade de sortealas durante o torneo de F-8 “Pedro García Vilar”.
Nesta vixésimo sétima edición, o torneo reunirá os dous equipos rivais: un Galicia de Mugardos de categoría superior (Preferente autonómica), reforzado con dous xogadores aresáns, e o Numancia local, de segunda autonómica, formado integramente por xogadores procedentes da canteira. Un partido que servirá para que os afeccionados locais poidan coñecer o Numancia da temporada 2014-15, un equipo renovado que necesitará do apoio dos seus siareiros para afrontar este choque. 
 
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.