AFECCIONADOS. PRESENTACIÓN.
Botou a andar o balón en Prados Vellos para os modestos. Marcos Amor dirixirá por segunda temporada ao primeiro equipo aresán, comezando na tarde de onte o primeiro adestramento.
Ares, 12 de agosto de 2014.
O adestrador do primeiro equipo, Marcos Amor, auxiliado por Cartelle e José Antonio Couce estaban citados en Prados Vellos ás 20:00 h. coa plantilla do primero equipo para dar comezó a pretemporada.
Na xornada de presentación e de primeira sesión preparatoria estaban presentes os seguintes xogadores: Carlos, Xaime, Manu, Alex Pita, Álvaro, Paulo, Alex Costa, Amenedo, Teti, Isma, Martín, Fernando, Julio, Antón, Borja, Jesús, Dani Cartelle, Pepe e Roque. Non puido acudir a esta primeira cita Chapu por motivos persoais
A xornada comezou cunhas palabras da directiva e do adestrador que deu paso á primeira sesión de adestramento da temporada. Nesta sesión tamén estiveron presentes cinco xogadores xuvenis que faran a pretemporada co primeiro equipo; Adrián, Alberto, Dario, Juan e Miguelito.
Durante a primeira semana os adestramentos serán o martes, mércores e xoves estando confirmados xa os primeiros encontros amigables:
O domingo, 17 de agosto, o Numancia enfrontarase no campo de Prados Vellos, ás 18:30 h o Galicia de Mugardos de preferente no que será a XXVII edición do Trofeo Concello de Ares. O xoves 21 de agosto o Numancia recibirá en Prados Vellos o Orillamar, e o domingo, 24 o Meirás.