Inicio Noticias Afeccionados Afeccionados: Numancia, 1 - Cedeira, 0
 
 

Afeccionados: Numancia, 1 - Cedeira, 0

 ADR Numancia de Ares. Aficionados 2013-2014. Numancia, 1 - Cedeira, 0. Prados Vellos.UN QUINTO PARA FESTEXALO

Partido correspondiente a última xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante numerosos espectadores.

Antes de comezar o partido, o representante de Adega Murilllo Viteri para a zona de Ferrolterra, Alejandro Pérez entregoulle o premio a regularidade dos meses de abril e maio ao gardarredes Carlos Arnoso. ¡¡¡Noraboa Carlos¡¡¡. 

Ares, 11 de maio de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Putxi (Xaime 64´), Álvaro, Alex Costa (Dani Bule 56´), Antón, Martín (Rula 64´), Teti (C), Julio, Borja, Alex Pita (Paulo 46´), Manu e Chapu (Jesús 60´).

Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: Jose Antonio Couce Iglesias.

CEDEIRA: Truman (C), Pipo (Alex 46´), Pati, Lucas, Suso, Richar (Javi 46´), Figo, Deco, Pimo (Bernar 56´), Antonio e Capi.

Adestrador: Héctor Aneiros Rodríguez.

Delegado: Nicolás Bergara Quintiana.

COLEXIADO: D. Iago Veiga López. Amoestou a Capi do Cedeira. Expulsou por dobre amonestación o adestrador do Numancia Marcos Amor.

GOLES:

1 – 0: (JULIO) Pase interior á espalda da defensa de Rula que aproveita Julio para anotar ante a saÍda de Truman (minuto 89).

 

 

CRÓNICA:

Nunha tarde primaveral de domingo o sol lucía no ceo de Prados Vellos. Agradable temperatura e interesante partido de fútbol entre un Numancia que aspiraba a quinta plaza e o subcampión de Liga, o Cedeira SD. ¡¡¡Non defraudaron¡¡¡

Dende os primeiros minutos Numancia e Cedeira demostraron que querían disfrutar dunha bonita tarde de fútbol sen tensións innecesarias. Iso favoreceu que os espectadores puideran disfrutar dun partido aberto, co bo fútbol e con moitas chegadas as duas porterías.

Na primeira metade non houbo goles porque os dianteiros non estiveron acertados. O Numancia estivo moi inspirado nunha zona de creación xoven. Teti, Julio, Borja e Manu fixeron as delicias dos siareiros na primeira metade pero nin eles nin o killer Chapu estiveron acertados ante a meta cedeiresa. Pola sua parte os de Ortegal amosaban tamén as suas credenciais coa calidade de Antonio, Deco a velocidade de Pimo ou a veteranía nas opcións a balón parado. Co resultado inicial chegabamos ao descanso.

Na reanudación o partido tivo a mesma tónica que no primeiro tempo. Cando parecía que o resultado sería de empate apareceu Rula para dar unha boa asistencia o pichichi numantino Julio que batía na sua saída o veterano gardarredes do Cedeira Truman e conseguía unha bonita vitoria para pechar a competición de Liga en Prados Vellos.

En resumo, bonito partido de fútbol entre un bo Numancia e un gran equipo como o Cedeira que amosou en Ares porque foi subcampión de Liga. Unha mestura de veteranía e xuventude que trata moi ben o balón acompañando o seu xogo vistoso do oficio e a veteranía necesaria para competir en 2ª Autónómica. Dende a ADR Numancia de Ares desexámoslle ao Cedeira moita sorte na fase de ascenso a 1ª Autonómica.

En definitiva, remata a Liga da 2ª Autonómica. O Numancia termina como 5º clasificado, mellorando en dous postos a clasificación da temporada anterior. Un equipo xoven que vai crecendo e madurando co paso dos anos. Sen ir mais lonxe este ano fíxonos soñar nalgunhas xornadas por alcanzar metas maiores. A iso hai que sumarlle a continua incorporación de xogadores xóvenes (a media de idade do equipo é de 24-25 anos) e a excelente participación nesta temporada (cando fixo falta) de xogadores xuvenís como Xaime, Pepe, Borja, Marcelo, Alberto, Roque, Jesús Lourido, Martín, Adrián, Iván... ¡¡Enormes todos¡¡¡. Felicitar ao plantel e corpo técnico pola boa competición de Liga. (pero que non se acostumen).

Seguimos madurando e crecendo. Continuamos facendo canteira e coa axuda da gran Marea Vermella (campiona das afeccións da 2ª Autonómica con moita diferenza) pronto conseguiremos premios maiores. ¡¡¡Ou cando menos intentarémolo¡¡¡

A primeira ocasión de buscar premios maiores comeza o próximo domingo. Comeza a Copa Delegación de Ferrol. O sorteo tivo a ben emparellar ao noso Numancia co recién ascendido a 2ª Autonómica, C.F. Estrella. A cita cos dezaseisavos de final da Copa será no arenal de A Solana en Santa Cecilia (Narón) o próximo domingo na hora da misa, as ¡¡¡12:00¡¡¡. Non hai excusas.... Prohíbido faltar.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.