AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - NARAHIO, 1.

¿TERMINOU Á LIGA?

Partido correspondiente a antepenúltima xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante un gran número de aficionados de ambos equipos.

 

Ares, 27 de abril de 2014.

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Costa (Alex García 46´), Rubén, Martín (Jauma 73´), Teti (C), Julio (Jesús 64´), Paulo (Rula 79´), Fernando, Dani Bule e Manu.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

NARAHÍO: Javi, Raúl (Pocholo 70´), Ríos, Alberto Naveiras, Julián, Casal (C), David (Rubén Neira 64´), Pablo, Dani, Ángel e Moncho.

Adestrador: Germán Amil Silva.

Delegado: Miguel A. Novoa Tuimil.

COLEXIADO: D. Alberto Martínez Miguez. Sen amonestados.

GOLES:

1 - 0 (JULIO) Julio de penalti, (minuto 61).

1 - 1 (RÍOS) centro chut dende o lateral exquerdo da área que colle a Carlos a contrape ainda que consegue rexeitar con alguha dificultade, o rexeite rematao de cabeza Ríos a o fondo da rede ante a oposición de Jauma e Rubén, (minuto 85).

 

 



CRÓNICA:

Chegaba a recta final de Liga a Prados Vellos. O Numancia buscaba seguir na pelexa pola terceira praza. O Narahío intentaba aferrarse a 2ª Autonómica. O resultado desta loita de intereses foi de empate; unha igualada que soubo moito mellor aos visitantes.

Nos primeiros 15 minutos de partido os numantinos saíron fortes. No minuto 2 Manu disparaba lixeiramente alto. Posteriormente o Nnumancia gozou de varios saques de esquina moi desaproveitados. Os do concello de San Sadurniño sacudíanse o dominio inicial do Numancia con rápidas saídas ao contraataque nas que levaban perigo sobre a portería de Carlos. Non houbo demasiado fútbol antes do descanso polo que o resultado no intermedio era de 0 - 0.

Na reanudación mais do mesmo. Moito centrocampismo e imprecisións. Os locais parecían non ter tensión competitiva; todo o contrario que os de Narahío que pexelaban cada balón como si fora o último. No minuto 61 Paulo internábase por banda esquerda e o seu centro era interceptado coa man por un defensor visitante. Claro penalti que o pichichi numantino Julio convertía no 1 - 0. Non era xusto o resultado e os de Narahío querían xustiza. O equipo amarelo viuse arriba e atopou o seu premio no minuto 85 cando Ríos establecía o definitivo 1 - 1. Con este resultado chegabamos ao final do partido.

En resumo, vimos un Numancia indolente e desconectado agás nos primeiros minutos. O Narahio chegoulle coa garra, compromiso e maior intensidade que os nosos para conseguir sacar algo positivo na sua visita a Prados Vellos.

Con este resultado, o Numancia perde todas as opcións de quedar na 3ª posición da 2ª Autonómica. Quedan duas xornadas de Liga (aínda non acabou) na que o noso equipo deberá loitar por conseguir algo positivo e poder terminar esta boa competición de Liga nun posto que reflexe o gran traballo deste equipo durante toda a Liga. Agardemos pois que os nosos xogadores reaccionen e asuman que non é o mesmo quedar 4º que 8º clasificado. A diferencia está en moi poucos puntos.

Dende a ADR Numancia de Ares queremos felicitar a UDC Narahío polo seu 40ª aniversario que está a celebrar neste ano 2014. Tamén queremos felicitar o Rápido de Neda que nesta xornada proclamouse campión da 2ª Autonómica de Ferrolterra con dúas xornadas de antelación, conseguindo tamén o ascenso a 1ª Autonómica. Noraboa.

Na vindeira xornada de Liga que será a penúltima o Numancia visita o domingo o campo de Boavista para medirse a un Mandiá CF que en teoría está salvado, pero que buscará a vitoria para subir postos e non ter que estar pendentes dos temidos arrastres. Agardemos que os numantinos igualen a intensidad dos locais e busquen tamén a vitoria para gañar postos e chegar en boa dinámica a competición de Copa. Cita o próximo domingo as 17:00 no campo de Boavista de Mandia co primeiro equipo. ¡¡¡Qué non falte a Marea Vermella¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.