Afeccionados: A Capela, 1 - Numancia, 1

ADR Numancia de Ares. Aficionados. 2013-2014. A Capela, 1 - Numancia, 1. Os Calzados 13/04/2014.

Séguese optando a terceira praza.

A falta de tres xornadas para o remate da liga en segunda autonómica os afeccionados seguen con opcións de rematar terceiros despois de obter un empate a un tanto no campo de Os Calzados na Capela fronte a un rival directo. Ó descanso chegouse con empate a cero no marcador.

Os Calzados, A Capela 13 de abril de 2014
 
Aliñacións.

A Capela: Jorge, Alberto (Mauro), Tino, Rafa, Noel (C), Santi, Raúl, Alex Antón, Alex Gómez (Remus), Carlos (Mali) e Fermín.

Adestrador: Javier López Franco
Delegado: José Luis Pereira Permuy

Numancia: Carlos, Álvaro, Martín (Jauma), Costa, Antón, Teti (C), Julio, Bule, Brayan (Manu), Jesús (Paulo) e Chapu (Rula).

Adestrador: Marcos Amor Roel
2º Adestrador: Manuel A. Cartelle Permuy
Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Árbitro: D. Alberto Martínez Miguez. Amosou cartóns amarelos a Costa e Brayan polo Numancia.

Goles: Fermín para A Capela e Julio para o Numancia.

 

 

 
Goles:

1:0 (89') Fermín. Balón recuperado polo medio campo local na dereita da liña divisoria. Cambio de xogo cara a esquerda, onde Fermín imponse ó seu marcador por velocidade e bate a Carlos de tiro cruzado dende preto da media lúa.

1:1 (93') Julio. Falta a favor dos visitantes en tres cuartos de campo rival que executa perfectamente Julio poñendo o balón preto da escuadra dereita do meta local que nada pode facer por evitar o tanto.


O partido presentábase complicado para o Numancia ó ter que visitar o terceiro clasificado e disputarlle así as opción a rematar a liga nesa posición. Complicado polas peculiares características do campo de Os Calzados, con unhas reducidas dimensións que fan moi difícil efectuar  fútbol combinativo.
A primeira metade foi dominada polos aresáns que souberon poñer a dose de loita necesaria para disputarlle o partido ós locais. O xogo baseouse como era de supoñer en xogo aéreo, balóns en longo e contras rápidas facilitadas polas dimensións do terreo de xogo. As aproximación por ambos bandos foron ben neutralizadas unhas veces polas defensas, outras polos gardametas e algunha por erros de puntería dos dianteiros. Pódense destacar dous disparos, un por cada bando onde os disparos certeiros dos dianteiros tiveron respostas moi eficaces dos metas. No minuto 25 un balón pelexado por Brayan chega a Chapu lixeiramente escorado a esquerda preto da área i o seu disparo buscando a escuadra oposta obtén a resposta de Jorge en forma de parada certeira para enviar a saque de esquina o balón. No 44' xogada moi similar pero con cambio de escenario e actores, chegada pola esquerda de Fermín i o seu disparo dende o borde da área e rexeitadoa saque de esquina por Carlos.

Na segunda metade foi superior o conxunto local e dispuxo de tres ocasións claras para abrir o marcador pero, a falta de acerto do dianteiro (29') que despois de ter todo de cara vota o balón fora, e dúas intervencións de Carlos no 31' e 40' evitaron que se adiantaran os locais. O fútbol seguiu sendo coma o do primeiro tempo, pelexa, balóns longos, xogo aéreo e contras sobre todo por parte local. Así no 89 Fermín inauguraba o marcador cando xa parecía que remataríamos con empate a cero. E no desconto unha falta cometida sobre Paulo e aproveitada por Julio para anotar o empate na última xogada do partido.
 
En resumo encontro de pelexa donde os xogadores deron a cara e tentaron amoldarse ó terreo de xogo, conseguindo así traer algo positivo do difícil campo de Os Calzados.
 
Despois de este resultado o gran beneficiado e o equipo de As Pontes B que empata a 45 puntos con A Capela mentres que Numancia e Ortigueira quedan con 42 a falta de 9 puntos por disputar. O obxectivo sigue sendo acabar o máis alto posible así que toca loitar pola terceira praza. 
Agora parón na Semana Santa e volta a competición o domingo 27 coa visita do Narahío a Prados Vellos.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.