AFECCIONADOS. G. MUGARDOS "B", 3 - NUMANCIA, 2.

OPORTUNIDADE DESAPROVEITADA.

Partido correspondente a 23ª xornada de liga de 2ª autonómica disputado na tarde de sábado nas instalacións de A Pedreira que finalizou con vitoria local por 3 - 2. Ao descanso o resultado era de 2 - 2.

 


Mugardos, 15 de marzo de 2014.

FICHA TECNICA

G. MUGARDOS “B”: Oscar, Adán (Romero 78´), Arturo, Vicente, Mani, José Ángel, Xabi (Joaquín 66´), Puchi, Oli (Cuco 89´), Esteban (C) e Lestón (Nacho 58´).

Adestrador: David Fernández Pereira.

Delegado: Leonardo García Lozano.

NUMANCIA: Carlos, Costa (Martín 83´), Antón, Bule, Teti (C), Julio, Alex Pita, Rula (Brayan 64´), Rubén Jesús (Chapu 65´)e Fernando (García 65´).

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

ARBITRO: Cristián Santos González. Amoestou a José Ángel, Mani, Puchi e Nacho no Mugardos. Polo Numancia tamén viron o cartón amárelo Antón, Bule, Alex Pita, Rubén e Chapu. Julio foi expulsado por dobre cartón amárelo.

GOLES:

Mugardos “B”: Esteban (2), Costa (propia porta).

Numancia: Rubén (2).

 

 



Gran presenza de público de ambos os dous equipos nas instalacións de A Pedreira para disfrutar do terceiro enfrontamento de temporada entre Mugardos "B" e Numancia. O derbi non defraudou en canto a emoción, aínda que si en canto a fútbol. Ao celebrase o choque no campo pequeno das instalación mugardesas foi prácticamente de fútbol directo, aínda que o partido foi intenso e moi disputado.

Comezaba o derbi de xeito trepidante pois apenas transcorreran cinco minuto de xogo e xa subirán dous goles ao marcador. Adiantábase o Mugardos, no minuto 3, cun gol en propia porta de Costa ao intentar despexar un centro de Esteban. Tería Esteban outra boa oportunidade na xogada seguinte cun lanzamento directo pero o balón foise pegado a cepa do pau. Na xogada posterior sería a oportunidade para Rubén cun forte disparo dende a semilúa da área que o porteiro local envía a córner. Da saída deste córner chegaría o gol do empate. Rubén sería o autor do tanto cun remate de cabeza dende o segundo pau. O gol sería moi protestado pola inchada e o equipo local ante a dúbida se o balón traspasara ou non a liña de gol. Pero o colexiado deuno por válido. No min. 18, volvía poñerse por diante o Mugardos tras transformar Esteban unha pena máxima provocada por Fernando. Pouco duraría a alegría local posto que catro minutos máis tarde, Rubén de sensacional remate de cabeza á saída dun córner volvía poñer as táboas no marcador. A cinco minutos do descanso puido irse o Mugardos con vantaxe no marcador, pero nesta ocasión o porteiro numantino detivo unha nova pena máxima lanzada por Esteban. Con empate a douses marchamos ao descanso.

Nada máis reanudarse o segundo período, e cando aínda non transcorrera o primeiro minuto de xogo, xogada por banda dereita de Xabi, centro á frontal e Esteban de semi-volea pon o balón preto do pau para establecer o 3 - 2. Neste segundo tempo houbo poucos disparos entre os tres paus que os porteiros resolveron sen moitas dificultades. Os locais co vento a favor e con algo máis de intensidade no xogo chegaban con máis facilidade e máis perigo que os numantinos, os que as súas ocasións pasaron por xogadas a balón parado. Pero en ambas as dúas áreas impuxéronse as defensas e os porteiros polo que o marcador permanecería inamovible no que restou de partido.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.